- Os mellores filmes árabes de 2017, segundo Middle East Eye. Tres deles foron dirixidos por mulleres, como a palestina Annemarie Jacir.
- "O problema das lecturas recomendadas", Manuel Veiga.
- A carta dun fusilado polo franquismo chega ás súas netas 81 anos despois de a enviar.
21 de jan. de 2018
Ligazóns ao desvío para un vinte e un de xaneiro
7 de jan. de 2018
Ligazóns ao desvío para un sete de xaneiro
- Club Aranés, portal para aprender aranés (variante do occitano).
- "Eu acredito, contra os tópicos, que é posíbel que a cidade sexa un territorio máis represivo que a aldea", di Carlos Lixó nunha entrevista realizada por Montse Dopico, con motivo da próxima saída do seu poemario As casas, galardoado co premio nacional Pérez Parallé.
- Os vinte mellores libros do mundo occidental en 2017, segundo as votacións en GoodReads.
- "Mi truene del ICR", Silvio Rodríguez.
- A historia de Dámaso I, papa probabelmente nado na Gallaecia. O artigo é de Eduardo Rolland.
27 de dez. de 2017
A convocatoria da manifestación das Letras de 2008
Aquí vou pendurando máis cousas que tiña por aí esparexidas. Neste caso, é a vez da conferencia de imprensa que déramos Susana Romero, Fran Rei e este que escribe para convocar a mobilización "Polo dereito a vivirmos en galego", hai xa case dez anos, nun momento histórico importante para o noso idioma.
Dentro vídeo!
Dentro vídeo!
24 de dez. de 2017
21 de dez. de 2017
"O galego morrerá se nós deixamos que morra"
Ese foi o titular da entrevista que me fixeron no xornal El Ideal Gallego no 25 de agosto de 2011 con motivo da presentación en Carballo do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, unha das miñas obras polas que teño especial querenza, tanto polo contido como pola linda modelo da cuberta.
Nada de morte. Vida e máis vida, é o que queremos!
Nada de morte. Vida e máis vida, é o que queremos!
19 de dez. de 2017
O libro Amigos e sodomitas, reseñado no semanario Santiago Siete
Xa dixen nalgunhas das últimas entradas no blogue que estou a ordenar e recoller cousas que tiña esparexidas. Por iso me encontro con vídeos ou recortes de xornal do pasado, que opto por deixar aquí penduradiños por se lle puideren ser de interese a alguén.Tócalle a vez a unha pequena reseña do libro Amigos e sodomitas, publicada no semanario compostelán Santiago Siete, edición do 1 ao 7 de xullo de 2011, p. 22:
17 de dez. de 2017
Outro debate de hai dez anos sobre o galego no ensino
Na liña do de CorreoTV que pendurei hai pouco está este debate en TeleVigo, máis ou menos realizado polas mesmas datas, hai dez anos.
Aquí o deixo tamén, polo seu valor como testemuño dun tempo e, do mesmo xeito, polo que se puider peneirar nel que for útil para avanzarmos no presente:
Aquí o deixo tamén, polo seu valor como testemuño dun tempo e, do mesmo xeito, polo que se puider peneirar nel que for útil para avanzarmos no presente:
16 de dez. de 2017
"Eu coa miña clientela tamén falo en galego"
Que boas vibracións dá este anuncio! Moi ben polo Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación!
Assinar:
Postagens (Atom)
