Para entregalo á editora e que saia a fume de carozo do prelo, preciso escoller o título acaído. Igual que a loita de que aí falo é colectiva, tamén vos quero propor á xente que pasades por aquí que participedes na selección do título.
Na barra aí á dereita puxen un pequeno inquérito con varias opcións, que de momento son as seguintes:
- En castellano no hay problema
- Spanish no problem
- Por que o chaman bilingüismo cando queren dicir diglosia?
- Por un acordo nacional sobre lingua
- Nin un paso atrás
- Polo dereito a vivirmos en galego
- A lingua invisíbel
Podedes participar até a noite deste domingo. Parafraseando o que diría o Wyoming, o que Galiza vota vai á misa! ;-)
6 comentarios: