- "Cortegoso, unha voz que reparte tesouros", exacto e doloroso texto de Antón Lopo. Recordo o día en que se coñeceron o Fran e o Antón en Santiago, algo que na verdade foi hai moi poucos anos, mais que coas voltas da vida parece que pasou hai xa unha eternidade. Até sempre, meu caro Fran! :(
- "Todesfuge", unha lembranza de 2008.
- "O importante non é ser escravo dunha norma senón amar a lingua". Isaac Alonso Estraviz na edición de Ourense de La Voz de Galicia. É un dos nosos grandes intelectuais, a pesar da inxustísima marxinación que padece por ser reintegracionista.
- A serie Serramoura, distribuída na Rusia.
- Moi interesante entrevista a Andrés Torres Queiruga no La Voz de Galicia con motivo da homenaxe que se lle tributa en Aguiño. Oxalá as súas propostas se atendan.
9 de out. de 2016
Ligazóns ao desvío para un nove de outubro
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Um comentário:
7 de out. de 2016
Versos para a sexta feira: Fran Cortegoso traduce a Jean Genet
5 de out. de 2016
2 de out. de 2016
Ligazóns ao desvío para un dous de outubro
- "Arredor dunha viñeta de Luís Davila", Cibrán Arxibai.
- O alumnado dedica máis tempo e esforzo ao inglés, o cal pode afectar a outras materias. Esta é unha conclusión en Madrid. Xa había estudos que desembocaban nas mesmas ideas. E aquí? Que acontece aquí?
- "Os galeguistas represaliados en Compostela, un a un", segundo a pesquisa realizada por Xosé Ramón Ermida Meilán.
- A forza do odio no exemplo de Alabama, onde boa parte do funcionariado público se nega a cumprir co dereito de que poidan casar dúas mulleres ou dous homes.
- A CIG-Ensino denuncia a diminución do horario de impartición en lingua galega provocado pola LOMCE.
18 de set. de 2016
E se tratamos as eleccións ao Parlamento de Galiza como eleccións ao Parlamento de Galiza?
Velaquí o artigo que publiquei no Sermos Galiza na pasada segunda feira, horas antes do debate na TVG:
Galeguizar a política galega
Un xornal publicou na pasada fin de semana que a campaña das eleccións galegas estaba a ter "un marcado carácter nacional". A miña alegría durou un segundo. A nación de que falaban non era a mesma que cantamos no noso himno.
Ademais, como se nos desen o parte do tempo, os medios de comunicación anuncian unha chuva constante, mesmo torrencial, de paracaidistas. Sánchez e Rajoy. Colau e Iglesias. Cantó e Rivera. Cada un destes nomes, e moitos máis, cos seus séquitos. Aterran, dinnos o que temos de facer e collen rumbo.
Non se trata só de falar das nosas cousas, mais non estaría mal darlles prioridade cando menos desta vez, que diso vai esta campaña. E se vemos o mundo con óptica galega? E se tratamos as eleccións ao Parlamento de Galiza como eleccións ao Parlamento de Galiza?
Oxalá o debate desta noite axude un pouquiño a galeguizar a política galega.
11 de set. de 2016
Ligazóns ao desvío para un once de setembro
- O xulgado vigués de violencia de xénero rexistra unha media dun asunto cada oito horas. (Titular no Faro de Vigo, 1 de novembro de 2015.)
- As doce mulleres que fixeron posíbel o milagre de internet.
- "A teima de matar o BNG", Afonso Eiré no El Correo Gallego.
- "As obras perdidas do mestre Mateo", Xurxo Salgado en Historia de Galicia.
24 de ago. de 2016
Cinema: Now you see me 2
Entretivérame coa primeira parte deste filme. Sabía que había que deixarse enganar e deixarse levar. Estaba disposto. Sen problema por iso. Que queren facerme crer que todos eses trucos de ilusionismo son posíbeis porque me explican antes outros que de verdade si que o son? Ok, entro no xogo. Mais polo menos divírtanme.
Porén, esta segunda parte resultoume frustrante. Aborrecida, excesivamente inverosímil no argumento e moitísimo máis previsíbel do que debería. A historia está sempre ao servizo dos efectos especiais e non os efectos especiais ao servizo da historia.
Nas actuacións, Morgan Freeman enche a pantalla, mais Daniel Radcliffe non me resulta convincente.
Como curiosidade lusófila, boa parte da metraxe rodouse en Macau.
22 de ago. de 2016
A música que ouvín en Cuba neste verán
A primeira que poño escoiteina no Carnaval da Habana. A xente en xeral non bailaba moito mentres pasaba o desfile, mais cando tocou a vez desta canción... Ai, cando pasou esta canción, a festa disparouse!
Reparade no final, pois o de "China te la pongo en La Habana, La Habana te la pongo en China" tamén ten o seu interese histórico, pois ese país asiático é o principal fornecedor de Cuba nestes momentos para algúns sectores estratéxicos:
Case todo era música en castelán, mais na discoteca coñecida como "La Cueva", en Trinidad, tamén bailamos, con moitos yumas, esta marabilla de Sia:
Porén, a canción que máis se escoitaba en toda a parte, desde a xente nova que levaba altofalantes pola rúa até os taxis, pasando polos meniños que canturrean os temas de moda, era esta:
Outras que tamén se sentían de cando en cando:
Aínda non saíra este vídeo de Gente de Zona, cantando a Macarena con Los del Río, mais póñoo para que reparedes en que a partir do minuto 2, segundo 45, o lindo palacio que se ve detrás deles é o histórico Centro Galego. O clip é de hai dous días, mais a versión da canción si que soaba moitísimo.
Por último, dúas cancións que escoitamos nun espectáculo de drags. Ademais de La Lupe e Celia Cruz, outra diva en castelán pola que se ve que teñen especial querenza é Rocío Dúrcal.
Por último, puidemos asistir ao concerto que deu Haydée Milanés na Fábrica del Arte Cubano. Unha experiencia moi especial, aínda que, pola grande fileira de xente, non puidésemos velo completo:

Nenhum comentário:
Assinar:
Postagens (Atom)