24 de ago de 2016

Cinema: Now you see me 2


Entretivérame coa primeira parte deste filme. Sabía que había que deixarse enganar e deixarse levar. Estaba disposto. Sen problema por iso. Que queren facerme crer que todos eses trucos de ilusionismo son posíbeis porque me explican antes outros que de verdade si que o son? Ok, entro no xogo. Mais polo menos divírtanme.

Porén, esta segunda parte resultoume frustrante. Aborrecida, excesivamente inverosímil no argumento e moitísimo máis previsíbel do que debería. A historia está sempre ao servizo dos efectos especiais e non os efectos especiais ao servizo da historia.

Nas actuacións, Morgan Freeman enche a pantalla, mais Daniel Radcliffe non me resulta convincente.

Como curiosidade lusófila, boa parte da metraxe rodouse en Macau.

Nenhum comentário:

Postar um comentário