Mostrando postagens com marcador Sancha e María. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Sancha e María. Mostrar todas as postagens
2 de jun. de 2018
Diversidade afectiva e sexual na Compostela medieval e moderna
Sabías que a metade dos textos europeos medievais que tratan sobre lesbianismo están escritos en galego?
Sabías que nun deses textos se fala dunha parella, Sancha e María, e que se nos indica mesmo a rúa de Compostela onde moraban?
Sabías que o bispo que converteu Santiago en sé episcopal foi acusado de sodomía e que, a raíz diso, disque realizou un milagre?
Sabías que a historia deste bispo foi recuperada nos anos 40 do século XX por Lorenzo Varela e Luís Seoane como alegato contra a homofobia?
Sabías que o prior do mosteiro de San Domingos de Bonaval no século XIII era coñecido polo seu amor por outros homes?
Sabías que no reino de Galiza tiveron moita devoción sant@s transxénero, que se atribuía que naceran ou morreran aquí?
Sabías que as pedras de Santiago agochan historias que falan de relacións de amor e desexo entre homes, como a desventurada de Paio de Albeos, ou a apaixonada de David e Xonatán?
Destes e doutros temas, algúns totalmente inéditos, falaremos neste roteiro.
Coñezamos tamén esta parte da nosa historia!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
9 de nov. de 2012
Un agasallo para o ministro do Interior
Poño aquí o comunicado da editora, Sotelo Blanco, recollido en medios como Praza Pública:
Agasallan un exemplar do libro Amigos e sodomitas ao ministro do Interior, “porque a ignorancia se
pode sandar lendo”
Carlos
Callón: “Se
os matrimonios homosexuais fosen unha invención contemporánea, a ver como se
explica por exemplo o documento de unión entre Pedro e Muño en 1061 en Galiza”
“O pecado de sodomía non figura entre
os dez mandamentos, non existía nos mil primeiros anos de historia do
cristianismo e non aparece nin unha soa vez nas prédicas do seu mesías”
A pesar de que
para moita xente a recente ratificación dos matrimonios homosexuais supón unha
novidade histórica, no libro Amigos e sodomitas. A configuración da
homosexualidade na Idade Media, escrito por Carlos Callón e editado
por Sotelo Blanco, amósase con moita documentación que esa é unha idea errada.
“O problema é que a homofobia adultera a historia deliberadamente”, apunta o
autor, que achega información no seu traballo, por exemplo, do matrimonio
homosexual máis antigo do que se conserva documento na Península Ibérica: a
unión entre Pedro Díaz
e Muño Vandilaz o 16 de abril de 1061. Porén, “que sexa o máis antigo do que se
conserva documento non quere dicir que fose o máis antigo que existise, pois
tamén temos outros testemuños, como lápidas, referencias literarias, etc.”, e
nese sentido lembra que hai inscricións funerarias da Antigüidade romana que xa
sinalan os nomes de dous varóns e a súa relación como “cónxuxes”.
Segundo
Callón, “os medos que podemos escoitar hoxe desde voces como a do ministro do
Interior remontan na realidade a unha intolerancia que nace nos últimos séculos
da Idade Media”. Por iso considera “moi necesario” que “xente como o ministro Jorge Fernández sexan
capaces de superaren ese odio irracional contra o diferente e que se decaten de
que, por exemplo, a mensaxe de Xesús Cristo contida nos Evanxeos non ten nada a
ver coa homosexualidade, polo que non vale fundamentar a homofobia niso”. “O
pecado de sodomía non figura entre os dez mandamentos, non existía nos mil
primeiros anos de historia do cristianismo e non aparece nin unha soa vez nas
prédicas do seu mesías”, apunta.
Con ese fin, este
activista cultural decidiu ofrecerlle un exemplar do seu libro ao ministro do
Interior, “pois a ignorancia sándase lendo e, coa lectura, tamén se poden
desterrar moitos prexuízos”.
No libro Amigos e sodomitas, gañador dos premios
Vicente Risco de Ciencias Sociais e Fervenzas Literarias de Ensaio, explícase a
través de documentación medieval, sobre todo galega, como é posíbel que ese
pecado apareza no século XI e acabe por gañar tanto protagonismo “até o punto
de que a Igrexa Católica actual non saia á rúa contra a pobreza ou a exclusión,
das que si falou moito Xesús Cristo, e si se manifeste moitas veces, de forma
mesmo histriónica, contra a posibilidade de que teña de novo pleno recoñecemento
xurídico a unión entre dúas mulleres ou entre dous homes”.
Outras das
novidades que se presentan no libro Amigos
e sodomitas é unha remozada análise das opcións sexuais na prosa
galego-portuguesa e no trobadorismo peninsular medieval, que inclúe a atención
a unha cantiga de amigo entre dous homes no século XIII, da autoría de Rodrigo
Eanes de Vasconcelos, ou a sátira onde se fala dunha relación lésbica entre
Sancha e María, en Santiago de Compostela na rúa da Moeda Vella, tamén do
século XIII.
20 de jun. de 2011
Unha parella lésbica na Compostela do século XIII
No seu discurso como mantedora dos premios Xerais 2011, María Xosé Queizán amosounos un poema asinado por unha trobadora occitana, unha trobairitz, que tiña como cantado obxecto de desexo outra muller. A autora d’O despertar das amantes indicounos tamén que houbera bastantes esforzos da crítica contemporánea para tentar evitar a tan explícita lectura lésbica.
No trobadorismo galego-portugués aconteceu un procedemento semellante por parte da crítica cun par de composicións que falan de relacións homosexuais masculinas: unha cantiga de autoría de Rodrigo Eanes de Vasconcelos e outra de Pero da Ponte. Porén, non hai nada que se lle pareza ao caso que nos comentou María Xosé Queizán, entre dúas mulleres. Dificilmente podería ser, claro, cando das ruínas que conservamos do noso esplendor trobadoresco baixomedieval non temos nada que nos faga nin intuír que houbese tan sequera versos escritos por esa discriminada metade da humanidade.
No caso galego-portugués o lesbianismo só aparece como elemento temático nas cantigas satíricas e protagonizado por soldadeiras, por prostitutas –aínda que algúns, como o historiador José Mattoso, coidan que tamén habería que englobar aquí outros textos referidos a monxas, que eu non vexo moi claros–. A súa situación marxinal facía posíbel que mantivesen uns vencellos entre elas, mesmo con certo cariz público, que serían inviábeis para outras mulleres.
A dúas destas soldadeiras do século XIII que foron satirizadas polos seus relacionamentos sexuais ou afectivos con outras mulleres coñecémolas polo nome: Sancha e María. Delas mesmo sabemos que foron vivir á rúa da Moeda Vella, en Santiago de Compostela, ben pertiño da catedral. As súas figuras, que trato máis polo miúdo nun dos capítulos do ensaio Amigos e sodomitas, terán un protagonismo especial cando o vindeiro 28 de xuño se realice o roteiro sobre a homosexualidade na Compostela medieval (lembrade: o punto de saída é a libraría Couceiro ás 20 h e a asistencia é libre).
Así comezo esta semana o artigo de Galicia Hoxe, que podedes consultar completo nesta ligazón. Para máis información, xa sabedes: o libro Amigos e sodomitas e o roteiro do vindeiro 28.
19 de jun. de 2011
O amor de Sancha e María
Estou agora mesmo no Prat, a piques de tomar o avión de regreso a Galiza.
Xa no país, ultimarei o artigo que publicarei mañá en Galicia Hoxe, sobre a satirizada relación lésbica de Sancha e María.
Segundo se extrae de dúas cantigas do noso trobadorismo, que comento nun capítulo do libro Amigos e sodomitas, esta parella viviu no século XIII na compostelá rúa da Moeda Vella, a carón de San Martiño Pinario.
Sancha e María terán un espazo moi especial no roteiro que sairá o vindeiro 28 de xuño ás 20 h da libraría Couceiro de Compostela. Xa sabedes que estades convidadas e convidados!
Xa no país, ultimarei o artigo que publicarei mañá en Galicia Hoxe, sobre a satirizada relación lésbica de Sancha e María.
Segundo se extrae de dúas cantigas do noso trobadorismo, que comento nun capítulo do libro Amigos e sodomitas, esta parella viviu no século XIII na compostelá rúa da Moeda Vella, a carón de San Martiño Pinario.
Sancha e María terán un espazo moi especial no roteiro que sairá o vindeiro 28 de xuño ás 20 h da libraría Couceiro de Compostela. Xa sabedes que estades convidadas e convidados!
Assinar:
Postagens (Atom)

