- Firmeza da RAG na defensa do galego na escola: interpón un recurso no Tribunal Supremo e salienta que o único consenso posíbel é o regreso ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
- A Mesa, o Ciemen e Kontseilua propoñen unha "alianza entre as comunidades lingüísticas galega, catalá e vasca" para lle facer fronte á Lei da Wertgoña.
- Manifesto sobre a LOMCE das asociacións de escritoras e escritores en galego, catalán e vasco.
- "Hugo Chávez e os caudillos da imprensa española", Íñigo Sáenz de Ugarte.
- "Un corazón maior que a vida", Slavoj Žižek.
- "A imbecilidade dun ministro católico e homófobo", Adolfo de Abel Vilela.
- 50 verdades sobre Hugo Chávez e a Revolución Bolivariana.
Mostrando postagens com marcador Paul Bilbao. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Paul Bilbao. Mostrar todas as postagens
12 de mar. de 2013
11 de jun. de 2011
Ratificámolo: Temos dereitos!

Di a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos que son colectivos e inalienábeis os catro seguintes:
a) o dereito ao ensino da propia lingua e cultura;Está á vista de ollos. Temos dereitos que non nos permiten exercer. Conquistémolos!
b) o dereito a dispor de servizos culturais;
c) o dereito a unha presenza equitativa da lingua e a cultura do grupo nos medios de comunicación;
d) o dereito a ser atendidos na súa lingua nos organismos oficiais e as relacións socioeconómicas.
10 de jun. de 2011
15 anos da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos
Hoxe foi un día dos intensos en aprendizaxes. Sempre é bo que nos encontremos as formiguiñas que traballamos pola revitalización dos nosos discriminados idiomas, que nos expliquemos como nos encontramos, que poñamos en común propostas e ideas.
Nesta ocasión temos que agradecerlles a oportunidade á xente de Behatokia, o Observatorio de Dereitos Lingüísticos do euskara, que nos reuniu en Donosti arredor dun moi útil Seminario Internacional.
Quixeron, ademais, celebrar así o décimo aniversario da súa existencia e o décimo quinto ano da proclamación da (tan aplaudida como incumprida) Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos. Ben sabedes de que vos falo; ben o vivides no día a día.
Este serán, representantes de organizacións de diferentes comunidades lingüísticas realizamos un acto simbólico de nova ratificación desta Declaración que -aínda que non se note- tanto o Congreso dos Deputados como o Parlamento galego respaldaron por unanimidade hai xa ben de anos.
Desenmascaremos a farsa. Xa abonda de que se nos recoñezan dereitos teóricos para nunca nos permitir exercelos. Falamos galego e temos dereitos!

Assinar:
Postagens (Atom)