27 de abr. de 2012

Grazas polo premio de artigos normalizadores!

Chamáronme hai un par de horas para me comunicar que fun galardoado co Premio a artigos xornalísticos normalizadores, que promove anualmente o Concello de Carballo. Desde aquí o meu agradecemento pola distinción e, sobre todo, pola iniciativa.

O texto premiado vai na liña do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e marca o camiño cara aos contidos doutro manual que agardo que sexa útil para o momento presente: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, que sairá en Xerais nos vindeiros meses. Xa teremos tempo para falar del.

Sobre estes temas vou intervir tamén hoxe ás 18 h na Casa Solidaria de Ferrol, nun acto organizado por Galiza Nova, por se for do voso interese.

Ademais, lembrade que nos vemos mañá sábado ás 11 h na Asemblea Xeral da Mesa, no Auditorio Municipal da cidade de Ourense!

Continuamos!

4 comentários:

  1. Joder, otro libro... No puedo. Que te den (en el mal sentido, claro).

    ResponderExcluir
  2. Caro: segues a viaxar mais que o baúl da Piquer, i esto de que che dea un premio Evencito, ou Cesáreo ou calquera outro da U, é dun tongo de risa. Son este tipo de cousas ás que me refería noutros comentarios como feitos cos que se evidencia que a propaganda da U considera que a xente é, básicamente, parva. Como dicía un tio hoxe en Praza Pública: Isto vem sendo como se Bugs Bunny ganha o Prémio Lonney Tunes...

    ResponderExcluir
  3. Ai, Carlos, se a envexa fose tiña!

    ResponderExcluir
  4. Claaaaaaaaaaaaaaro, claaaaaaaaaaaaaro como os demais teñen interese en acadar notoriedade ou ser divos, xa se sabe que é envexa. Como temos a chocolateira! XD

    ResponderExcluir