7 de mar de 2012

Ikea e o galego

A multinacional sueca anunciara que a súa tenda en Galiza se ía comprometer coa lingua galega, mais a verdade é que deu poucos pasos: unha sección do seu web (non como idioma de opción xeral), unha edición en galego dos seus catálogos (que non sempre están accesíbeis, non sabemos se pola moita demanda ou pola mellorábel tiraxe), a oferta de atención en galego por unha parte do cadro de persoal (que na maioría dos casos non pasa da teoría), etc.

Vista a situación, desde A Mesa solicitamos unha entrevista cos responsábeis da tenda na Coruña para lle pedir adiantos concretos no uso do idioma do país. Tamén lle faremos chegar o noso desagrado porque a alfombra promocional "Benvido á república independente da túa casa" estea en galego cun erro ortográfico grave, xa que en lugar de pór o anterior pon "Benvido a república independente da túa casa".

Imaxinade que en español editasen alfombras colocando tamén mal un acento diacrítico, máis ou menos como se pode ver nesta foto que perralleiramente modifiquei:

Pensades que, por dignidade cara ao idioma castelán, os distribuirían? Non mirarían antes o xeito de os corrixiren? Pois esa mesma dignidade reclamamos para a nosa lingua!

Continuamos!

2 comentários:

  1. Ai, ¡como temos a chocolateira! Facendo de inquisidores, unha vez mais. Non entendo esa manía de perseguir aos comerciantes ou exercer sobre eles coaccións como naquel caso tremendo cando se abriron expedientes aos comerciantes da Coruña para obrigar a empregar o galego. E claro, ante o medo a que lles fixeran pintadas, lles romperan algunha luna ou sofriran algún atentado, tiveron que aceptar a chantaxe. O curioso é que os inquisidores non pediron perdón, senón que perseveran na mesma actitude extremista. Xa os porán os votantes no seu sitio.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Ai,cómo temos a pota!Facendo de libertadores, unha vez mais.Non entendo esa mania de perseguir os que peden visibilidade para o galego.Mentindo abertamente e creando lobos. Diga nomes deses locais que aquì teñen unha nova clienta. Curioso que os libertadores non o sexan con os galego falantes que viven en español para non ser "extremistas".Si, xa sabemos como se gañan os votos posuindo todos os media.

      Excluir