Poderedes pensar que a denuncia se debe a que o seu fillo ten que utilizar un único libro de texto en galego, fronte a omnipresenza totalmente desequilibrada do castelán. Mais non é así. O caso é que esta muller compareceu acompañada de Gloria Lago ante os medios de comunicación para dicir que o seu neno ten pesadelos porque utiliza un libro de texto en galego. Tan tóxico será o idioma de Galiza? Tan prexudicial será que o seu pequeno teña contacto académico e aprenda nesta lingua, aínda que só sexa unha única materia?
Imaxinade que agora as persoas que defendemos a igualdade de dereitos para o galego ofrecemos unha conferencia de imprensa por cada nena ou neno que ten que usar UN libro en castelán. Un ano non ten horas suficientes para o facermos.
Recordemos: o 90% da educación infantil das cidades é só en castelán; a maioría dos centros non superan a media do 25% do ensino normal en galego; as ensinanzas artísticas e ciclos formativos só en poucos casos (p. ex., administrativo) pasan do 0% dos materiais en galego (si: puxen cero por cento). Até onde queren que desapareza a nosa lingua? Até onde queren chegar con este racismo lingüístico?
Algo triste tamén é que unha nai diga que o seu fillo é parvo ou que o tome por tal. Non coñezo ningún neno que teña problemas por ter un libro en galego. Traballo no ensino e a existencia de libros en galego é máis trauma para algúns pais que para os seus fillos.
ResponderExcluirNon creo que este neno sexa menos intelixente ca os seus compañeiros. Pero hai quen di que lle custa ter un libro en galego e que iso lle fai estudar peor e... Era como aquela que dicía que o seu fillo o pasaba fatal ao facer os deberes e ela chegaba de salvadora, traducía o libro e... o neno respiraba aliviado. Non é triste?
E que pasaría se o libro estivese en inglés? Ou é que a inmersión en inglés non é traumática segundo esta xente?
Concordo totalmente. É triste, como ti ben dis.
ResponderExcluir