![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhZRStiA3fAMTOv-oEEuWx6H3MvMLNIzBoI6wNF9Y4F9UhXXApJZJkzYPKSZYv6PpH62ZmkjWYURcz7vLqT2C413yywhyphenhyphenyxixgBkWYYTgh68DEv81jDZiFdu6_L8HW8-JJqmIePwKx9MQo/s400/Manel+Fontdevila.+4.+As+normas.jpg)
Que se apoie a expulsión dunha nena dun colexio para así evitar o machismo ten unha lóxica aplastante. Como se vai permitir que unha rapaza cometa a ofensa de levar ás aulas un pano na cabeza, como demostración de que pertence a unha cultura diferente?!
Xa que o presidente da Xunta está nesta liña de pensamento, proporíalle que sexa un chisco máis coherente. Por que non prohibe que as monxas poidan acceder á docencia? Ou, se non, por que considera que atenta contra a dignidade das mulleres levar un pano na cabeza se é por pertencer a unha cultura musulmá e considera plausíbel -xenerosamente financiábel e financiado con orzamentos públicos- que mulleres cristiás ministren aulas cun pano na cabeza?
Deixo de vez a retranca. En Arteixo estamos a ver un lamentábel episodio de racismo, xenofobia e mesmo machismo (seica todo o mundo sabe mellor que as propias mulleres afectadas o que teñen que facer!). Non podemos permanecer indiferentes.
Sei que hai moito escrito sobre esta cuestión, mais recoméndovos especialmente estes tres artigos sobre o tema:
- Con que veo taparán a xenofobia? (Marica Campo, Terra e Tempo)
- A quen ofende verdadeiramente? (Pilar García Negro, Xornal)
- Desiguais na desigualdade (Carme Adán, Xornal)
- Defensores da fe (Slavoj Žižek, Terra e Tempo)
Nenhum comentário:
Postar um comentário