![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhUZYqxZuC9ohyphenhyphenS_0j-wsF9Yvh6RqVc-SM8ZJfrZfnuC32E03NxY5rsWVPBxeqVjYW4702MUKxzuER8u1bMX_cg5uqkvlcktSVb_bf4Hkc7i8u7bcHIAaXWowD5_qm1He972p6FLSjMyS8/s400/papaventos.jpg)
67 profesoras e profesores de toda Galiza responsabilizaranse hoxe nos seus centros de ensino de festexar o Día da Ciencia en Galego, unha actividade cun amplo apoio da comunidade educativa e de varias institucións culturais, coa que se demostra -por se a alguén lle fixeren falta probas- que o noso é, igual que calquera outro, un idioma apto para a transmisión e adquisición de coñecemento científico.
Os centros educativos participantes realizan nesta xornada actividades divulgativas variadas e, tamén, unha acción concreta de "festa científica": a construción colectiva de papaventos, acompañada dunha explicación sobre a súa historia e o seu funcionamento.
Ademais, decidiuse que este ano se homenaxease a traxectoria de tres figuras importantes no coñecemento científico, como Ramón Aller (astrónomo de Lalín), Afonso X (monarca de grandes inquietudes culturais, promotor das Cantigas, da Escola de Tradutores de Toledo, de estudos astronómicos etc) e James Clerk Maxwell (as ecuacións do electromagnetismo). Os tres teñen cadanseu cráter na lúa, como se pode ver no cartaz da convocatoria.
Parabéns e grazas ao profesorado que fai posíbel tan ilusionante actividade!
Eu engado un máis Anxo Carracedo.Deixo un link co blogg do mozos do Otero Pedrayo de Ourense
ResponderExcluirhttp://acienciatamenecultura.blogspot.com/2010/11/anxel-carrecedo-cientifico-galego-con.html
Grazas pola información, Nicole!
ResponderExcluirVou incluílo entre os blogs que sigo!
Unha apertaza!