19 de jan. de 2010

Debate en Correo TV sobre o decretazo contra o galego

Déixovos aquí as ligazóns a un debate que emitiu onte pola noite Correo TV e que esta mañá redifundiu a emisora Radio Obradoiro.

Por outra banda, lémbrovos que aínda é moito o que podemos facer para mobilizar de aquí ao 21 de xaneiro.



7 comentários:

  1. Moi ben levado o debate. Gústame como se destapou ao final a de GB como punta de lanza do PP. Saúdos.

    ResponderExcluir
  2. Eu pregúntome unha cousa: por que dis que este goberno desprotexe o galego, se co decreto queda en igualdade ou por enriba do castelán. Que ten de malo que os rapaces/as aprendan máis inglés?
    Que pretendes acadar coa folga? non existe primeiro a vía do dialogo?, con esta conselleria si se pode dialogar e recibente, seino por experiencia propia. Non lembras, xa que tanto nos defendes aos mestres, que a anterior conselleria impuxonos un 16 de abril de 2007(data de publicación no Dog) as clases en xuño e setembro sen mediar consenso, nin nos plantexou o borrador primeiro; si fomos a folga o 3 de maio,e que? O borrador do decreto cambiará, pero non por a folga que convocahes? se non por a actitude da conselleria de consenso.
    Tes medo a non poder chupar tanto do bote, ademais gústache chupar cámara, menos o día que fuches ao programa Foro aberto, aquel día non te dabas visto fóra do plató.Gustaríame saber en que idioma falas habitualmente na túa casa?

    ResponderExcluir
  3. PARABÉNS ALBA NOGUEIRA E CARLOS CALLON, OS GALEGOS ESTAMOS ENCANTADOS DE TEREN PERSOAS COMA VOS DEFENDENDO A NOSA LINGUA, E, TAMÉN APROVEITANOS MOITO VER QUE OS QUE DEFENDEN AS BASES DO DECRETO, SON TAN LAMENTABLES.

    Susana

    ResponderExcluir
  4. ¿ALGUEN PODE EXPLICAR DUNHA VEZ QUE CARALLO ACONTECE EN FINLANDIA PARA QUE TODOS-dun lado e doutro da mesa-CITEN O SEU EXEMPLO?

    ResponderExcluir
  5. É increíble que co nivel intelectual da xente de GB teñan tanta presenza e poder na política deste país.

    ResponderExcluir
  6. Por un erro involuntario da emisora, no printer do meu apelido apareceu "Cayón" en lugar de "Callón". Por propia vontade, desde Correo TV decidiron corrixir o lapso e volveren subir o vídeo a youtube coa modificación, un xesto que quero agradecerlles desde aquí.

    Iso fixo que o contador de visionados se puxese a cero, cando na realidade xa andaba arredor dos 300 (aínda que non dispoño da cifra exacta).

    Ademais, como durante uns días non puiden atender o blog como fago de cote, houbo quen quixo ver este debate desde aquí e se encontrou con que os vídeos non funcionaban. Agora xa puxen as novas ligazóns, polo que se poden ver con normalidade.

    ResponderExcluir
  7. Ao presidente de CONGAPA apañou un ZAS coma unha casa cando lle respondeu Carlos. A faciana que puxo foi de non saber onde se meter.

    ResponderExcluir