28 de jul de 2009

Castelao non era nacionalista...

Alberto Núñez Feijóo, entrevistado hoxe. Pregúntanlle de onde vén a súa paixón por Castelao, sendo este un nacionalista. Velaquí a súa provocadora e estulta resposta:
Un nacionalista? Castelao sempre tivo clarísimo que Galicia formaba parte de España. É máis, chamaba a Galicia rexión.


3 comentários:

  1. Espectacular resposta, todo un siareiro de Castelao, vamos, o Sempre en Galiza como libro de cabeceira de Feixó. Farao para provocar? Pensará que hai quen lle dá creto? Será que ser nacionalista é pouco menos ca ter a peste? Un xa non sabe se rir ou chorar...

    ResponderExcluir
  2. creo q alguen lle deberia explicar a Feijoo qen era Castelao, e por si fora pouco a q ven esa aclaracion?: chamaba a Galicia rexion. creo q si, q o fai para provocar, porq dudo q ese home lea nada en galego. como decia unha viñeta da Voz a semana pasada: mexan por nos e hai que decir que llueve.

    ResponderExcluir
  3. Empezamos coas mentiras indecentes que se fan pasar por verdades. Cousas veremos

    ResponderExcluir