19 de jul de 2009

Campañas homófobas da caverna mediática

En Cataluña creouse a primeira fiscalía de Europa especializada en perseguir a homofobia. En espazos como estes da caverna mediática ten material de abondo para actuar.

Este espazo de Intereconomía é para rir, se o conto non fose tan triste. Parece doutro tempo, mais emitiuse hai un mes e medio. Por certo, o aséptico xurista que aparece ao comezo é o presidente do Foro Español de la Familia.



Neste vídeo máis recente aínda, podedes ver a súa última campaña, coincidindo co Día do Orgullo:



Aquí podedes ouvir outras mostras da fobia promovida pola COPE con anterioridade:



Non miremos para outro lado, porque iso está aí, chega ás nosas casas e chegará aínda con máis forza co apagón analóxico. Ademais, non podemos esquecer que ten un respaldo partidario que malgoberna agora Galiza e pode chegar a malgobernar de novo o Estado. Actuemos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário