Aínda non fun capaz de baixar do telemóbel as fotos do concerto de La Casa Azul na Coruña (mais sei que o conseguirei, Gon!). Porén, agora teño cando menos unha das imaxes que sacamos ao final da actuación en Vigo, ao día seguinte. Débollo a Iria Salvande, compañeira de fatigas desde hai anos na defensa do galego e paleofán de La Casa Azul; isto é, fan desde os seus inicios, non coma outros, que somos fans conversos.
De esquerda á dereita saen: unha fan da Coruña (perdoa, mais non sei o nome, nin se es conversa ou fundadora!), o gran Guille Milkyway, Iria, Jose, menda lerenda e o riquiño Pablo, de Naranjas Chinas, que é o deseñador, entre outras, desta linda camisola que comprei ese día, igual que da chapa grande que luzo na foto da anterior postaxe, hehehehe.
Pode dar para un bo filme. Parodiar A noite dos mortos viventes (ou A noite dos mortos vivos) en base á situación de Galiza, na cal os mortos poden votar, un dereito do que carecen na maioría dos países do mundo. Ademais, e ese é un misterio digno de estudo por Iker Jiménez, votan masivamente sempre polo partido que está no Goberno do Estado: hai catro anos a Santa Compaña inclinábase totalmente polo PP e agora polo PSOE.
Outro misterio interesante é por que os mortos cobren os formularios para solicitar o voto sempre coa mesma letra. Cando morremos, pasamos todos a escribir igual? Ou iso será obra do médium?
Aquí tendes a Michael Jackson, como axente electoral, que vén de facer campaña nos cemiterios, tal e como lles recomendaba o deputado Bieito Lobeira a PP e PSOE, os cales amparan esta situación que vai contra os mínimos formais de calquera democracia. "Aí teñen un bo nicho electoral", espetoulles con sorna.
Mentres os mariñeiros embarcados non poden exercer o seu dereito ao voto, as papeletas de persoas falecidas (nalgún caso, mesmo falecidas hai dezaoito anos!!), seguen enchendo as sacas. "É máis difícil tecnicamente facer que un morto vote que que o faga un mariñeiro", replicou Bieito Lobeira usando o humor como arma.
Falando de zombis, déixovos unha canción de Parade intitulada "Niño Zombi".
"Niño Zombi"
Niño Zombi va a la escuela y al sacar al desayuno Niño Zombi se da cuenta de lo diferente que es el suyo
Niño Zombi sabe que hay algo especial en sus ojos blancos, en su forma de andar Los demás se ríen, hacen chistes y él sabe que esta noche les hará comprender
EL SISTEMA EDUCATIVO ACABARÁ CONTIGO
Niño Zombi va a la escuela y en la fila de la entrada faltan esos niños que ahora forman parte de su dieta diaria
Niño Zombi sabe que hay algo especial en sus ojos blancos, en su forma de andar Ya nadie se ríe ni hace chistes y él sabe que esta noche lo volverá a hacer
Tamén o PP e o PSOE o volverán facer? Nas Autonómicas de dentro dun ano tamén poderán votar os mortos?