- "Miedo al miedo", un artigo de Antoni Vicens.
- "¿Habla gallego? ¡Llamad a la Policía!", nova en Sermos Galiza sobre a entrada "Encapuchados y con acento gallego" neste blogue.
- "O día en que Google percorreu as feridas de Fukushima".
- Blogue do Comité de Empresa da TVG, para a denuncia da manipulación informativa e para a defensa da creación dun Consello de Informativos.
- "Goza Beyonce!", entrada no blogue do Silvio Rodríguez sobre a visita de Beyonce a Cuba.
- "Denegan a nacionalidade española a un inmigrante por non saber o nome da muller de Rajoy", informa Ara.cat.
- "Un galego é o primeiro elixido polo Papa".
Entrevista de Perfecto Conde a José Rodríguez Carballo. É interesante
sobre todo as reflexións sobre o galego na Igrexa -que non van para alén
da diglosia- e a lembranza histórica da prohibición do galego nos
seminarios.
Mostrando postagens com marcador Beyonce. Mostrar todas as postagens

14 de abr. de 2013
Auguiña de sete fontes (4)
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

24 de set. de 2010
Ana Kiro
Hoxe faleceu Ana Kiro, despois dunha longa doenza contra a que batallou con afouteza. Para min, como para tantísimas outras persoas, foi un dos primeiros contactos coa música en galego.
Na miña casa recórdase sempre que miña irmá María do Mar comezou a cantar a partir das súas casetes. Mar e mais eu tamén lembramos de cote a pequena aventura infantil na que conseguíramos un autógrafo seu, aproveitando que viñera actuar ás festas de Ribeira.
Á parte dese día, penso que só falei con ela directamente nos días previos á saída do Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego. Fora ese un texto que se promovera como resposta desde a Galiza ao tan agresivo como hiperpublicitado "Manifiesto por la lengua común". Viu a proposta de documento e axiña aceptou aparecer publicamente apoiando esta causa, nun momento no que os ataques contra o noso idioma estaban a aumentar de forma exponencial. Grazas!
Hai un par de anos, fixen unha montaxe co seu divertido tema "Pídechas o corpo", póndolle as imaxes dun coñecido vídeo da Beyonce. Aquí a deixo de novo, a xeito de pequena homenaxe á artista:
Pídechas o corpo
Cargado por camacato

19 de mar. de 2010
I left my head and my heart on the dance-floor
Como xa saberedes a inmensa maioría, este vídeo é a última loucura da Lady Gaga, desta acompañada pola Beyoncé.
Cantade e bailade como eu penso facelo esta noite!
Lady Gaga Telephone ft Beyonce
Cargado por axl84_749. -

14 de mar. de 2009
Pídechas o corpo
A canción "Pídechas o corpo", de Ana Kiro, a través do vídeo de Beyonce para "Single ladies":
Tamén hai estoutra versión con "Chuliboy" do sempre idolatrado Projecto Mourente:
Supoño, claro, que a orixinal xa a coñeceredes. Na canle oficial de Beyonce en Youtube leva máis de 46 millóns de reproducións. Na rede podedes encontrar ducias e ducias de versións e parodias do máis variadiño.

23 de mar. de 2008
Kero karaoke
Do Carreiro ao Bar Plaza, cantando "Más bonita que ninguna" con miña irmá... A ver cando imos ao karaoke!
Os que sexades fans de La Casa Azul, sabede que no Bar Plaza de Ribeira é fácil escoitala. Bon, La Casa Azul, cancións da campaña de Obama, ver vídeos de Beyonce con George Bush de espectador e todo o que se tercie para facer festa, heheheh.
Os que sexades fans de Projecto Mourente, tranquilizádevos porque xa falta menos para o novo disco.

Assinar:
Postagens (Atom)