3 de dez de 2012

Existe o dereito a non escoitar galego en Galiza?

Austeridade é pagar escolas privadas para garantir o "dereito" a non escoitar nin ver galego, catalán nin vasco, como propón o Goberno español nesa nova hipercarpetovetónica Lei? 

Reducirase a crise se extirpamos a nosa identidade como pobo diferenciado da face da Terra e asumimos a nosa función de man de obra barata sen lazos colectivos?

As persoas que queremos vivir en Galiza en galego e que queremos transmitírllelo ás nosas fillas e aos nosos fillos temos que asumir que temos unha cidadanía de terceira?

Non pode ser!

Mañá desde a plataforma Queremos Galego, coordinada e impulsada pola Mesa, achegaremos un par de novas propostas para defender o noso idioma. Precisaremos da colaboración de todas e todos para que poidan ser un suceso.

Queremos galego na escola e queremos galego na vida!

Queremos existir!

Queremos os nosos dereitos! Todiños!

Um comentário:

  1. Eu estou en estado de conmoción, porque por primeira vez na vida son pesimista co tema e síntome indefensa, porque o desgoberno que nos desgoberna vai deixar que iso pase e máis...

    ResponderExcluir