Na noite electoral Feijóo tivo un lapso: "Non é habitual que nunha crise de goberno... Mmmm... Nunha crise como esta..." Ben, en verdade non dixo crise, senón crisi, mais iso nel non é ningún acto falido.
Por se alguén dubidaba de que nos lapsos se encerra unha verdade profunda, Feijóo xa prepara o seu camiño para Madrid coa designación dun claro sucesor: o agora vicepresidente Alfonso Rueda.
Galiza a Feijóo nunca lle importou máis que como posibilidade de chegar a triunfar "en la Corte" e iso explica moitas das súas políticas inusitadamente agresivas. Francisco Jorquera tivo razón ao recriminarlle no debate de investidura que só se preocupase en facer unha operación Zaplana.
O nomeamento de Alfonso Rueda tampouco é positivo de ningún punto de vista. Como vai ser bo que alguén que se manifestou, en primeiriña fila, contra a lingua galega en febreiro de 2009 sexa vicepresidente e poida chegar a ser presidente no momento en que haxa a crise de goberno con que tanto soña Feijóo?
Nenhum comentário:
Postar um comentário