30 de out. de 2012

A situación lingüística de Galiza, en TV3

Dentro dunha serie de pequenas reportaxes sobre a situación de Galiza diante das eleccións autonómicas, a televisión autonómica de Cataluña cubriu unha conferencia de imprensa de Queremos Galego e interesouse pola nosa visión das cousas. Podedes ver a noticia se clicades enriba da imaxe.

É moi diferente a actitude do medio público catalán da que mantén a TVG, que en todo o ano 2012 só sacou unha única vez, hai xa meses, unha noticia de Queremos Galego, a plataforma unitaria que agrupa a máis de 700 entidades. Talvez para demostraren que son plurais, dirán que tamén en todo 2012 sacaron outra da Mesa. A pesar de que A Mesa pola Normalización Lingüística é, a pesar das moitas dificultades, a maior asociación cultural de Galiza, polos medios dependentes do PP podería parecer que deixou de existir.

A pesar desas formas tan pouco democráticas de procederen, non teñades dúbida de que non nos calarán!


Um comentário:

  1. Non só iso: o discurso das noticias da TV3 centraba a lingua como o cerne das eleccións do 21-0
    http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2012/10/o-conflito-linguistico-como-o-cerne-das.html
    Ter o conflito lingüístico oculto é un dos nosos maiores problemas

    ResponderExcluir