22 de fev de 2008

Un exemplo

Morreu o camarada Lois Obelleiro.

Para min é desas persoas exemplares, das que dan ganas de seguir combatendo e transformando, a pesar das dificultades e contradicións.

Fica o seu traballo, o seu testemuño, a súa enerxía.

21 de fev de 2008

Fascismo sen carautas para as eleicións


Así comeza unha reportaxe publicada hoxe por GzNación:

Os partidos ANV e EHAK están cautelarmente ilegalizados. Esta decisión non lles importará aos partidos españois máis alá do nove de marzo, ou do once. Como o caso EKIN ou Egunkaria. Sen embargo, non hai perigo de pluralismo político en Euskadi e, de paso, en Galiza. Sabendo que haberá moito onde escoller dentro de dezasete días, os dirixentes dun partido nazi, ultradereitista e que avoga polo asasinato das persoas nacionalistas do Estado Español non afogarán cos nervios polo medo a que ese instrumento chamado Lei de Partidos actúe contra eles. Alianza Nacional preséntase por Lugo.

Polaroid

Lin estes días na imprensa que a mítica cámara polaroid vai deixar totalmente de fabricarse, para mágoa de moitos nostálxicos, algúns artistas e un arqueólogo.

Polaroid está para min vinculado a algúns bos momentos do edén da miña vida. Xa se sabe: todos os paraísos son paraísos perdidos.

A foto que puxen aquí correspóndese ao aniversario de meu irmán Xoán Xosé e de miña irmá María do Mar en xaneiro do ano 1985. Eu, con seis aniños nese momento, son o melenudo cabezón que está á direita, cunha señora que pousa fachendosa, que non é outra que miña avoíña. Á esquerda están meu irmán Quico e meu pai, que non sei por que, nunca sorría nas fotos, aínda que o lembro risoño e bromista. No centro, están miña curmá Josefa e miña nai. Detrás da cámara, a miña tía Pepita.

Pensei en pór outra foto desa pequena festa de aniversario, unha na cal eu aparezo tocando o pastor alemán da miña infancia, Ulises. Máis que nada, para que Gonzalo vise que eu sempre fun un valente á hora de lle botar a man aos animais.

Porén, escollín estoutra foto tirada cunha cámara polaroid porque así poño varias nunha. Se reparades, á esquerda de meu pai había, xustamente, outra foto secándose.

Adeus, polaroid, adeus...

17 de fev de 2008

Todesfuge


Lembro cando, hai anos, a excelente profesora Yara Frateschi ficara escandalizada porque os seus dous alumnos ese día non coñeciamos a obra de Paul Celan. Fun á biblioteca, botei un olliño a algún dos seus poemas e mirei de situalo, pois parecía que era grave esa ignorancia.

Nestas últimas semanas, chegou de novo Celan á miña vida, a través do Fran e o seu entusiasmo que imanta. Argumentoume que non se debe pronunciar á francesa, contoume os detalles da súa vida, recitoumo, explicoumo e mostroume vídeos como este, nos que podemos ouvir o poeta recitando un dos seus textos máis coñecidos, "Todesfuge":

13 de fev de 2008

Vou codificar as miñas frases, para despistar


Xa falta menos... Ide aprendendo as cancións! Lembrade que Guille Milkyway precisa que lle fagamos os coros!

Hoxe, toca repasar "Una cosa o dos". Agardo que fagades os deberes e vaiades preparando pola vosa conta "Superguay", "Cerca de Shibuya", "Como un fan", "El sol no brillará nunca más", "Galletas", "C'est fini", "No más myolastán" e "Chicos malos", que son as fundamentais para aprobar o exame casazulístico. Eu querería que nesa listaxe tamén estivesen "Viva (un poco más) el amor" e "Debería plantearme cambiar", mais parece que non as canta nesta xira... Snif, snif...


Aquí o vídeo feito por uns engrazados talifáns de LCA:



Aquí a versión tranquiliña da mesma canción en directo:



E aquí a letriña:

Quiero que comprendas que no estoy
tan aburrido.

Hago muchas cosas por amor

a lo desconocido.


Pierdo la razón sin esperar recuperarla

pues cada vez que quise ser cabal

todo fue bien, tan bien...

¡que todo fue fatal!


Te recuerdo que no vivo para no hacer nada
y al menos una cosa a dos quiero probar:
¡Uno!

Algo para ejercitar mi voluntad.

¡Dos!

O algo para no mostrarme tan smart.


Deja que me exprese un poco más,

no es suficiente.

Hoy me estoy gustando de verdad.

Sígueme la corriente.


Voy a empezar por no volver a ser

tan comedido

y acabaré tomándome un café

en mi terraza favorita del Raval.


Te recuerdo que no vivo para no hacer nada

y al menos una cosa a dos quiero probar:

¡Uno!

Algo para ejercitar mi voluntad.

¡Dos!

O algo para no mostrarme tan smart.


Todos quieren opinar,

a todo el mundo le fascina

las vidas de los demás,

así que no voy a ser tan natural,

voy a codificar mis frases

para despistar.


Me ha gustado verte por aquí.

Estaba un poco solo

y no sabría como repetirlo

de algún modo.


Necesitaba pormenorizar

mis obsesiones.

Ahora me siento un poco más en paz

y al menos una cosa o dos voy a probar:

¡Una!

Algo para ejercitar mi voluntad.

¡Dos!

Algo para no mostrarme tan smart.

¡Tres!

Algo para no tener que impresionar

¡Cuatro!

O algo para ser feliz sin molestar.


11 de fev de 2008

Nin os santos padres todos


Cando se deu o debate nos anos 1869-1871 sobre a instauración do matrimonio civil, Rosalía de Castro escribiu este poema, que tardou uns dez anos en ver publicado. Non vos dan gañas de enviarllo á Conferencia Episcopal, 139 anos despois, polas súas máis modernas hipocrisías?

Decides que o matrimonio
é santo e bueno, seraio,
mais non casou San Antonio,
por mais que o mesmo demonio
tentouno a facer o ensaio.

Celicios, cantos poder,
penitencias a Dios dar,
mais santo n'houbo a meu ver,
que dos casados quixer
c'a pesada cruz cargar.

Nin os santos padres todos,
de quen tes tantos escritos
e alabas de varios modos,
quixeron naqueses lodos
meter os seus pés benditos.

Do direito, do rivés,
matrimonio, un dogal es.

Eres tentazón do inferno,

mais casarei... pois no inverno

non ter quen lle a un quente os pés...!

Estes versos podedes velo aquí recitados por Francisco Rodríguez, o maior experto na vida e obra da nosa autora nacional.

10 de fev de 2008

Mil e unha noites para a malicia

Co debate irracional destes días no cal se pretendía acusar nin máis nin menos que ao BNG de filiacións nazis (!!), lembrei o poema de Luis Rogelio Nogueras que aquí podedes ouvir recitado por Silvio Rodríguez:



HALT

La artillería israelí sigue
cañoneando campamentos
de refugiados palestinos
en el Sur del Líbano
(de la prensa)

Recorro el camino que recorrieron 4.000.000
de espectros.
Bajo mis botas, en la mustia, helada tarde de otoño
cruje dolorosamente la grava.
Es Auschwitz, la fábrica de horror
que la locura humana erigió
a la gloria de la muerte.
Es Auschwitz, estigma en el rostro sufrido de
nuestra época.
Y ante los edificios desiertos,
ante las cercas electrificadas,
ante los galpones que guardan toneladas de
cabellera humana
ante la herrumbrosa puerta del horno donde
fueron incinerados
padres de otros hijos,
amigos de amigos desconocidos,
esposas, hermanos,
niños que, en el último instante,
envejecieron millones de años,
pienso en ustedes, judíos de Jerusalem y Jericó,
pienso en ustedes, hombres de la tierra de Sión,
que estupefactos, desnudos, ateridos
cantaron la hatikvah en las cámaras de gas;
pienso en ustedes y en vuestro largo y doloroso
camino
desde las colinas de Judea
hasta los campos de concentración del III Reich.
Pienso en ustedes
y no acierto a comprender
cómo
olvidaron tan pronto
el vaho del infierno.

Auschwitz-Cracovia, 21-10-79

Silvio Rodríguez recita nos seus concertos os versos de Luis Rogelio Nogueras como prólogo para estoutra canción anti imperialista, para min unha das mellores da súa discografía:










Sinuhé

Tomando en cuenta la santa inocencia,
voy a cantarle a la vieja Bagdad,
donde mis sueños bebieron esencias
y donde en noches de luminiscencia
de niño zarpaba siguiendo a Simbad.

Algo debiera hechizar portaaviones,
alguien debiera apretar un botón
que reciclara metralla en razones
y poderío en conmiseración.

Qué solo está Sinuhé
de amor y de fe.
Qué solo está Sinuhé.
¿Qué tal sigue usted?

Bajo las ruinas vagan inquilinos
de las leyendas que fueron maná.
Pasa la sombra infeliz de Aladino,
sin una lámpara para el camino
y sin el secreto de Alí-Babá.

Algo debiera embrujar los misiles,
alguien debiera hacer estallar
el hongo de los derechos civiles
de los fantasmas que pueblan Bagdad.

Qué solo está Sinuhé
de amor y de fe.
Qué solo está Sinuhé.
¿Qué tal sigue usted?

Ahora es escoria el papel sorprendente
de Sherezada en su lecho nupcial.
La orden de fuego la dio un disidente
de la cultura, la carne, la mente,
el sueño y la vida que no sea virtual.

Mil y una noches para la malicia,
mil y una noches de intimidación,
mil y una noches de fuego y codicia,
mil y una noches sin dios ni perdón.

Qué solo está Sinuhé
de amor y de fe.
Qué solo está Sinuhé.
¿Qué tal sigue usted?

5 de fev de 2008

"Os inimigos"

"Ás veces, os inimigos son os amigos", di Xoán Carlos Garrido, nun artigo que vos recomendo vivamente.

Un texto para comprendermos mellor o pasado e para reflectirmos sobre os tempos confusos e individualistas en que estamos.