Aquí vou pendurando máis cousas que tiña por aí esparexidas. Neste caso, é a vez da conferencia de imprensa que déramos Susana Romero, Fran Rei e este que escribe para convocar a mobilización "Polo dereito a vivirmos en galego", hai xa case dez anos, nun momento histórico importante para o noso idioma.
Dentro vídeo!
27 de dez. de 2017
24 de dez. de 2017
21 de dez. de 2017
"O galego morrerá se nós deixamos que morra"
Ese foi o titular da entrevista que me fixeron no xornal El Ideal Gallego no 25 de agosto de 2011 con motivo da presentación en Carballo do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, unha das miñas obras polas que teño especial querenza, tanto polo contido como pola linda modelo da cuberta.
Nada de morte. Vida e máis vida, é o que queremos!
Nada de morte. Vida e máis vida, é o que queremos!
19 de dez. de 2017
O libro Amigos e sodomitas, reseñado no semanario Santiago Siete
Xa dixen nalgunhas das últimas entradas no blogue que estou a ordenar e recoller cousas que tiña esparexidas. Por iso me encontro con vídeos ou recortes de xornal do pasado, que opto por deixar aquí penduradiños por se lle puideren ser de interese a alguén.Tócalle a vez a unha pequena reseña do libro Amigos e sodomitas, publicada no semanario compostelán Santiago Siete, edición do 1 ao 7 de xullo de 2011, p. 22:
17 de dez. de 2017
Outro debate de hai dez anos sobre o galego no ensino
Na liña do de CorreoTV que pendurei hai pouco está este debate en TeleVigo, máis ou menos realizado polas mesmas datas, hai dez anos.
Aquí o deixo tamén, polo seu valor como testemuño dun tempo e, do mesmo xeito, polo que se puider peneirar nel que for útil para avanzarmos no presente:
Aquí o deixo tamén, polo seu valor como testemuño dun tempo e, do mesmo xeito, polo que se puider peneirar nel que for útil para avanzarmos no presente:
16 de dez. de 2017
"Eu coa miña clientela tamén falo en galego"
Que boas vibracións dá este anuncio! Moi ben polo Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación!
15 de dez. de 2017
Obradoiro hoxe en Vigo sobre como mellorarmos a cualidade da lingua
Obradoiro hoxe en Vigo sobre como falarmos e escribirmos o noso idioma con máis corrección e fluidez. Entrada libre.
13 de dez. de 2017
Vídeos da presentación de Galegocalantes e galegofalantes en Ferrol
Desde a Sociedade Cultural Medulio gravaron a presentación en Ferrol do libro Galegocalantes e galegofalantes. Obrigado pola acollida e por estes testemuños do evento:
Assinar:
Postagens (Atom)

