O pasado día 16 de abril, antes da presentación na Guarda do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, estiven polo instituto da Sangriña para impartir dúas conferencias e manter un encontro con algúns estudantes que participan no equipo de normalización lingüística dese centro.
Froito deste encontro, no cal tamén participou o entusiasta e magnífico músico Tino Baz, é a seguinte entrevistiña. Moitísimas grazas ao Borja e á Andrea polo seu interese, a súa disposición e o seu bo facer!
Mostrando postagens com marcador Tino Baz. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Tino Baz. Mostrar todas as postagens
5 de mai. de 2012
16 de abr. de 2012
Da Guarda a Redondela

Saio agora mesmiño para A Guarda, primeiro para unha conferencia no IES A Sangriña e despois para a presentación, ás 20.30 h, do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Xa sabedes que estades convidadas e convidados!
Se mañá puiderdes, lembrade que nos concentramos ás 12 h diante do Concello de Redondela para apoiar a moza á cal lle prohibiron facer as probas en galego para unha bolsa de traballo nesa administración municipal.
Pola lingua que nos une!
Paremos os ataques contra o galego!
15 de abr. de 2012
Presentación mañá na Guarda de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Mañá pola mañá estarei na presentación da edición deste ano do Correlingua, en Santiago de Compostela. Tras algunha xestión da Mesa, sairei cara á Guarda, onde comezarei a tarde impartindo unha conferencia no IES A Sangriña, presentada pola alumna Andrea Araúxo Alonso.
Ao serán, ás 20.30 h en concreto, na mesma localidade presentaremos o manual Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Será no Art Café (praza do Reloxo, 6), xunto co músico Tino Baz, portavoz de Queremos Galego no Baixo Miño.
Pola lingua que nos une!
Paremos os ataques contra o galego!
22 de jan. de 2011
Que facer nesta tarde?

Pois se non sabedes, unha posibilidade interesante é a que nos ofrecen as compañeiras e os compañeiros de Queremos Galego de Carral, que ás 17.30 comezan cun amplo programa de actuacións e intervencións na defensa do noso idioma: as Pandeireteiras Xoldreira, o Grupo de Baile Terra Sena de Cee, o Grupo de Baile Nosa Señora do Carme de Fisterra, o Grupo Catalmibre, Tino Vaz, Miro Casabella, A Quenlla...
A loita pola nosa lingua continúa no día a día.
3 de dez. de 2010
Festa pola lingua na Estrada

Hoxe, 3 de decembro, ás 20.30 h, no Teatro Principal da Estrada haberá un concerto a prol do noso idioma organizado por Queremos Galego.Actuarán:
- Mini e Mero
- Miro Casabella
- Tino Baz
- García Mc
Segundo informan os compañeiro e as compañeiras de Queremos Galego da Estrada, no evento tamén se proxectarán vídeos e haberá intervencións dalgunhas das persoas protagonistas na loita contra a prohibición do uso do galego no ensino no curso 79-80, a raíz da aprobación do chamado "Decreto do Bilingüismo".
Será unha homenaxe necesaria ao profesorado que daquela deu a cara en favor do galego e unha lembranza para a histórica manifestación que en apoio a eles percorreu A Estrada hai agora 30 anos
Esta demanda -o dereito ao ensino en galego- mantén hoxe plena vixencia, unha vez aprobado o actual Decreto 79/2010, que prohibe impartir na nosa lingua propia as materias de Matemáticas, Física e Química e Teconoloxía
Assinar:
Postagens (Atom)