O Zeca Afonso sabía moi ben unir nos seus cantos o compromiso de esquerdas cunha moi activa solidariedade antiimperialista. Que non se esqueza esa liña tan importante do seu discurso, sobre todo en nacións negadas como a nosa.
Mostrando postagens com marcador José Afonso. Mostrar todas as postagens

25 de abr. de 2013
18 de set. de 2011
29 de set. de 2010
9 de jan. de 2010
Verdes são os campos
Xa sei que é estraño pór esta canción coas nevaradas destes días, mais apetecíame, así que aí vai. "Verdes são os campos", o lindo poema de Luís de Camões, musicado por José Afonso e interpretado por Uxía:
25 de abr. de 2009
Vinte e cincos de abril, sempre!
Estaba eu en primeiro de bacharelato, o da LOXSE, daquela en fase de probas no meu instituto. Na materia de lingua e literatura galega estudabamos nese momento a lírica medieval a través dun libro moi completiño editado por Via Láctea, que ao final traía unha escolma de textos contemporáneos que seguían algún recurso formal semellante ao que rexistraban as cantigas dos nosos cancioneiros.
Nesa antoloxía final aparecían, entre outros, uns versos que comezaban "Grândola, Vila Morena", que eu lera na casa, curioseando no libro. Comenteille á profesora, Fefa, que ese poema me parecía especialmente bonito e ela preguntoume, sorprendida, se eu non coñecía José Afonso. Ao día seguinte, tróuxome casetes e información sobre o que fora o 25 de Abril e eu fiquei entusiasmado por ese cantor e por todo o que acontecera nesa xornada. Eu tiña 17 anos, era un estudante de bo expediente e non tiña nin idea nin do feito histórico nin de quen era ese artista que tantas vinculacións tiña, ademais, co noso país. Nada novo neste sistema educativo que continúa a dar as costas á propia cultura e á propia historia.
O 25 de abril é tamén a data do principio dunha outra revolución aquí en Galiza. En 1467, comeza a Gran Guerra Irmandiña, seguramente a maior revolta social de toda Europa no século XV. Canta xente coñece hoxe este episodio da nosa historia?

Assinar:
Postagens (Atom)