24 de abr de 2015

Versos para a sexta feira: Gonzalo Navaza


Lobo e pedra

Abre paso
     entre os corpos
               dos danzantes
a sombra sixilosa
do lobo multiforme.
                         Arrepío
no espiñazo das árbores
ventando a morte.

Igual ca un desafío,
contra o lobo levanto
a voz onde porfío
o meu son a soar.
Por máis que todo canto canto canto
se esfarele no ar.


(Gonzalo Navaza)

2 comentários:

  1. Que boa poesīa se sigue a facer en Galicia. Mågoa que nós deixamos de ler poesía!!!

    ResponderExcluir
  2. Pois xa sabes: a retomar a lectura da poesía! ;)

    ResponderExcluir