28 de mar de 2010

Axéxasme cun axóuxere no nocello



Axéxasme


Conseguín saír da mina sen nada nos petos,
por pouco levo o ouro pero saín a tempo.
Sabía que ía ser máis difícil do que eu pensaba,
como me pasa sempre que atopo as túas pegadas.

E axéxasme cun axóuxere no nocello,
xa che vexo,
ti cres que son un choio, pero non teño un peso,
non teño un patacón.

Ninguén che impide entrar e chegar aquí,
ninguén che vai pechar a porta no nariz.
Podémonos mirar aos ollos para dicir
que ninguén nos vai dicir
o que temos que dicir.

E axéxasme cun axóuxere no nocello,
xa che vexo,
ti cres que son un choio, pero non teño un peso,
non teño un patacón.

As flores que levas dentro son as do xardín
planteinas coas miñas mans, para ti e para min.
Deixa que lles dé o sol, déixaas sorrir.
Tendo esta tristura, quen quer ser feliz?

E axéxasme cun axóuxere no nocello,
xa che vexo,
ti cres que son un choio, pero non teño un peso,
non teño un patacón.

6 comentários:

  1. Callón, boa canción.Eu propóñote a ti e aos teus lectores un novo disco cunha produción excelente e con cancións fermosisimas e moi actuais coma "Meniña gaiteira","o loito do mar" "a pomba dourada","miña nai lúa" ou "negro caravel". Trátase de todo un orgullo para os galegos, unha galega que triunfa , en galego, en todo o mundo:CRISTINA PATO e os seu novo disco "The Galician connection" (2010).BICOS MIL!!

    ResponderExcluir
  2. iste tema pertence a javier ferreiros un rapaz de ribeira, un grande compositor e un tipo xenial, non sei se o sabedes pero é así

    ResponderExcluir
  3. por certo o tema chámase Axouxere, asi sen mais, podedes velo no myspace

    ResponderExcluir
  4. Sabía que era de Ribeira.

    Vou corrixir o título da canción, aínda que non da entrada.

    Grazas!

    ResponderExcluir
  5. O TEMA CHAMASE AXOUXERE. E DE JAVIER FERREIROS. ISO SI DEBERIAS DICILO. CALLÓN

    ResponderExcluir
  6. Non sempre poño os nomes na entrada, mais sempre o fago -como poderás comprobar- nas etiquetas.

    Gusto do tema. Grazas ao autor por compolo e cantalo.

    Grazas por pasares por aquí!

    ResponderExcluir