30 de ago de 2011

Libia e o embrutecemento

Disque o Estado español entrou en guerra contra Libia por razóns humanitarias.

O Goberno destinou a esa agresión unhas partidas que andan polos 68 millóns de euros. Moito máis dun millón per cápita. Sobra dicir canto ben podería facerse con tal cantidade.

As razóns humanitarias van alá. Xa hai tempo que coñecemos que non só bombardean obxectivos militares para decantar o gañador. Xa hai tempo que constatamos que morreron moitos civís e moitas crianzas. Soubemos tamén, sen que causase maior escándalo humanitario, que nos primeiros días se pagou tamén co noso diñeiro o asasinato duns meniños que cometeran o delito de ser netos da persoa equivocada.

A maiores, agora imos desvelando algunhas das falsificacións propagandísticas, mesmo coa construción de decorados reproducindo espazos emblemáticos de Trípoli. É probábel que axiña poidamos ir sabendo algo máis, cando a destrución se consolide e comece o roubo.


Nenhum comentário:

Postar um comentário