10 de ago. de 2011

A dignidade é unha cousa demasiado galega

Quen denigra a cultura galega e a nosa condición de galegas e galegos non ten as capacidades mínimas para poder desempeñar con seriedade e responsabilidade calquera cargo público.

Se, aínda por riba, quen denigra a nosa cultura e a nosa identidade ten xa a encomenda de dirixir a política cultural dunha das principais cidades de Galiza, apartala do cargo canto antes xa se converte nunha tarefa de urxencia.

Amosémoslle a esta muller cal é a porta de saída, enviando mensaxes aos correos-e alcaldia@coruna.es e cultura@coruna.es

Porque, aínda que non o saiba, señora Ana Fernández, a dignidade é desas cousas "demasiado gallegas".

Nenhum comentário:

Postar um comentário