7 de ago de 2011

É tempo de falarmos: somos nós

Tiñamos unha lingua para amar,
bebera auga de rosas nos poetas
do medievo lonxincuo, as máis selectas
cantigas de dicir e namorar.

Soubemos as palabras de voar,
herdanza das primeiras bolboretas
que zugaron na terra as cousas netas
antes de que estivese suxo o ar.

Apousamos nos labios tanta vida,
gardamos no querer tanta semente
mollada polo cuspe dos avós,

que arestora xermina ben cumprida,
aínda que aquel sol estea ausente.
É tempo de falarmos: somos nós.


(Marica Campo, Pedinche luz prestada)

Nenhum comentário:

Postar um comentário