28 de abr. de 2010

Noticias e noticias

O goberno boliviano manifestou que as palabras de Evo Morales foron terxiversadas e confirmaron que el en ningún momento se referiu á homosexualidade como desviación. No entanto, algúns medios do Estado español continúan coa farsa asegurando que iso é unha desculpa. Pareceume interesante que o portavoz da Presidencia de Bolivia, Iván Canelas, vinculase ese recoñecemento da diversidade sexual cunha "profunda tradición indíxena".

Coa polémica, souben tamén que non só é que Evo Morales teña sido "acusado" de maricón por sectores que se opoñen á súa política transformadora, senón que tamén fixeron campaña contra a nova Constitución de Bolivia (do ano pasado) porque a proposta de Evo pasaba a "prohibir e sancionar" a discriminación por "orientación sexual". De feito, é das poucas constitucións do mundo que inclúen tal aspecto no seu articulado; a do Estado español, por certo, non o recolle.

A dupla vara de medir dos medios máis decisivos do mundo non é novidade, xa o sei. Mais cando esta mañá lin que expulsaron uns pallasos por iren de acción humanitaria a Palestina, despois de detelos e interrogalos sen as garantías procesuais debidas (sen acusación, incomunicados...), imaxinei que acontecería se iso mesmo que fai Israel o fixese Bolivia ou Cuba...

Um comentário:

  1. O outro día Daniel informábame sobre o traballo aparentemente MERITORIO de Evo en Bolovia. Dende aquí dicirlle que Cando emplei o termo ANALFABETO en referencia a Evo, nunca a miña intención foi a de, como dí ÉL, “DEGRADALO”. Non estou tan informado coma ti, e agradezoche o teu informe. É mais, si é certo o que dís-e non teño por que poñelo en dúbida- alégrome que os avances no ensino e na democratización do país sexa unha realidade grazas ao presidente, pero… eu simplemente expuxen a miña humilde opinión de que, ainda que para quen fala sexan indígenas sen estudios coma os nosos avós, coma o meu avó!, xa aclaro…para que vexas que non é a miña intención ofender!) NON É DE RECIBO que un presidente fale nunha CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE O CAMBIO CLIMATICO CELEBRADA NO SEU PAIS(repito, nunha conferencia mundial sobre o cambio climatico que non no SALON da súa casa) con perlas como que” LA CALVICIE ES EL RESULTADO DE COMER PRODUCTOS TRANSGENICOS, y todos calvos en 50 años…”
    ADEMAIS… mirade unha cousa…ACEPTADAS AS DESCULPAS e creendo firmemente que non tentou ofender a ningún gay… PARA MI SEGUEN SENDO BOTARATADAS dicir “EL POLLO QUE COMEMOS ESTA CARGADO DE HORMONAS FEMENINAS. Por eso los hombres cuando comen este pollo tienen desviaciones en su ser como hombres”. LITERALMENTE , sien engadir nin unha verba e o que é máis grave ….¡ lendo o discursiño!. Non é unha frase desafortunada nunha escaleira ou nun corredor de camiño algures…é o que é: UNHA BOTARATADA SIMILAR ás que dí o presidente de Venezuela, Chavez. Non entro si o están a facer mellor ou pero os dous. Non estou suficientemente informado, insisto… pero eu sentiría vergoña si o meu presidente dí PARVADAS como as que dín os dous. E si os da caverna mediática, utilizan esta excusa para atacar a EVO, pois moi mal feito, pero iso é poñerllo en bandexa. Os da gaceta e demáis xa se retratan eles sonios a diario…pero a nós non nos ven mal un pouco de crítica cara os débiles. Ou é que por ser un, aparentemente, bo presidente para os Bolivianos… xa hai que reírlle as grazas incluso cando se din TOLERIAS?E o mesmo co botarate de Chaves… FALO DE PALABRAS. Outro día, falaremos dos FEITOS.

    ResponderExcluir