30 de mar de 2010

Vai chegando En castellano no hay problema

Como cada día, hoxe recibín no meu correo electrónico unha notificación destas de google con informacións na rede que me poden interesar. Unha delas era dunha libraría on line na que me din que xa podo encargar o meu exemplar do meu libro En castellano no hay problema.

Por unha banda, fíxome ilusión ver o formulario para poder reservalo, co seu número de páxinas, o seu ISBN e todo iso, aínda que tamén me fixo graza, porque eu aínda non puiden velo impreso, pois aínda non saíu do prelo.

Se a lei de Murphy non se cumpre, en pouco máis de quince días estará na rúa este libriño de título irónico que achega máis munición para o combate cívico en que nos encontramos.

En español non hai problema. En galego, tampouco debería habelo.

2 comentários:

  1. 17,60? Haberá que ir aforrando...

    ResponderExcluir
  2. Só vai custar 17 euros? Que ben! vai ser certo iso de que a calidade non é cara...

    ResponderExcluir