30 de dez de 2009

Este decreto ímosllo tombar



  • Podedes consultar aquí a proposta de decreto contra o galego, en pdf na páxina da Xunta.

Veño cheo de enerxía da manifestación de resposta ao decretazo contra o galego. A participación, en moi poucas horas e a través do boca a boca, superou, máis unha vez, as expectativas. A pesar do día, no cal por momentos choveu a cachón; a pesar de que non houbo tempo para máis que enviar sms e correos electrónicos; a pesar de que foi na véspera de fin de ano, a contestación foi palpábel, enerxizante.

A maior agresión contra o noso idioma en toda a autonomía xa se concretou, cunha norma regresiva que incumpre a Lei de normalización lingüística. Agora temos que continuar coa exitosa presión de rúa, cuxa próxima cita será o paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, convocado pola plataforma Queremos Galego.

Ademais, debemos transitar a vía das denuncias internacionais e, tamén, levar esta norma aos tribunais de xustiza. Porque a proposta que o presidente da Xunta puxo enriba da mesa é, con todas as letras, inconstitucional: incumpre a Lei de normalización, que desenvolve o Estatuto, e vulnera sentenzas do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional.

Polo dereito a vivirmos en galego! Con forza, entusiasmo e intelixencia, nin un paso atrás! Este decreto ímolo tombar!

3 comentários:

  1. Os Tribunais todo deus! Imos acabar con estes ataques a nosa lingua! E eu quero o meu dereito a seguir estudando en galego!

    O 21 ALI ESTAREI!

    Saudos!

    ResponderExcluir
  2. O que hai é que seguir loitando, porque eles pensan que todo vai quedar nunhas pequenas protestas e que pronto nos imos cansar, se agora deixamos que fagan o que queiran, seguirán ata aniquilar a nosa lingua, eles e os seus amiguiños de Madrid.
    Bicos e Feliz Ano

    ResponderExcluir
  3. Derecho a estudiar en gallego? Donde está escrito eso? En el mismo limbo legal donde está el derecho a estudiar en español? si home si. Si vosotros reclamáis ese derecho... de dónde sacáis que otros no lucharemos por nuestra versión de ese derecho a estudiar en tu lengua oficial?

    ResponderExcluir