26 de jun de 2009

Viste o teu apoio ao galego

O pasado 17 de maio, as rúas de Santiago ateigáronse como nunca de amor polo galego. Enchamos todos os recantos de Galiza desta mensaxe, fronte aos ataques continuados desde o poder.

A forza do noso amor non vai ser inútil!


Ademais, comprando estas camisolas ou outros materiais que A Mesa ten na súa tenda virtual (e no seu local en Santiago), axudas a manter a súa actividade, máis necesaria que nunca desde que a asociación se creou.

3 comentários:

  1. e non se poderían sacar unhas pretas ou noutra cor?
    son dos que non lle gustan as camisolas brancas...

    ResponderExcluir
  2. pero é a moda I love NY!!! para seguir a moda dos oitenta tén que ser camisola branca e corazón bermello, como está mandao!
    eu xa teño unha!

    ResponderExcluir
  3. Vai dicir vde que somos uns repunantes, pero: como é que non as hai nun tamaño XXL?

    ResponderExcluir