12 de jan de 2008

Que fago aquí?

Que fago aquí, na casa, este sábado á noite, en troca de estar onde tiña que estar? Pois dedicarme aos vicios de planificar traballo. O peor é que o estou a facer porque me apetece, con alegría e ilusión. Haiche cada!

Vaia como tributo compensatorio ao deus Guille Milkyway este lindísimo vídeo desta lindísima canción:

4 comentários:

  1. Ía recomendarlle que goce coa lingua mais con vostede iso ten dobre xogo e é un perigo. Entón, descanse ande descanse que despois a cabeza non funciona con sentidiño.
    Para cando poida ou queira aquí lle queda o convite para participar no lanzamento de tortas:
    [http://www.blogoteca.com/nasa/index.php?cod=29777#comentarios]

    Nasa

    ResponderExcluir
  2. Hai algunha norma non escrita pola cal nos blogues haxa que tratarse de vostede? Muller, que nos coñecemos de hai anos e non tes que facerme tanta reverencia :)

    Xa xoguei ao das tortas e vin que ten trampa. Brrrrrr...

    ResponderExcluir
  3. Como é presidente non me atrevo a atualo por escrito.
    Xa vin que xogou. Mañá resólvese o gañador e/ou gañadora e vexo que non está mal situado.
    Bicos
    ahahhahahaha
    Nasa

    ResponderExcluir
  4. Nada mal situado, hehehe. Agardo que o premio sexa xeitoso! Estoume a relamber! :P

    ResponderExcluir