29 de nov. de 2007

O referendo en Venezuela


Este domingo é o referendo constitucional en Venezuela. Nos últimos meses escoitamos moitísimas parvadas sobre as propostas de reforma para esa votación. Por exemplo, esa de que Chávez se quería perpetuar no poder, algo que rebatía moi ben Pascual Serrano no comezo dun seu artigo que aquí traduzo:

Están os medios de comunicación e columnistas dun país europeo, que ten como xefe de Estado vitalicio e con carácter hereditario a un cidadán que ninguén elixiu, indignados e preocupados porque nun país de América os habitantes van votar en referendo se queren poden reelixir unha persoa como presidente as veces que consideraren. Algo en vigor nese país europeo e en todos os do seu entorno. Estou a falar dos medios españois e da reforma constitucional venezuelana.

Unha análise ponderada sobre a situación política de Venezuela debe recoñecer algúns importantísimos éxitos do goberno presidido por Chávez, como por exemplo:

- Redución da pobreza xeral, que era do 50% en 1998, diminuída ao 33,9% en 2006.

- Redución da pobreza extrema nun 50%: 21% en 1998, 10,6% en 2006.

- A UNESCO declarou Venezuela como "Territorio Libre de Analfabetismo". É o segundo país de América Latina con este recoñecemento, despois de Cuba.

Póñovos aquí a canción do Frente Revolucionario de Cantores Lloviznando Cantos, en favor do "si" á reforma constitucional, para que a dancedes ;) [Obrigado ao Raúl por darma a coñecer.]








28 de nov. de 2007

"Quen é capaz de pór unha bomba nun mercado e matar a centos de inocentes?"

E Maha Al-Hadeethi, profesora universitaria en Bagdad (si, en Bagdad, non no exilio: en Bagdad) responde: "Os norteamericanos." Perante a incredulidade do xornalista, acusa directa e claramente ao exército norteamericano.

Coñecín esta entrevista grazas ao blog Cousas de Imeneo. Penso que todo o mundo debería ler, imprimir e difundir este texto, que aquí podes ler en formato jpg.

A entrevista en La Vanguardia e estoutra en El Periódico de Aragón, producíronse porque a esta muller lle deron hai poucas semanas en Cataluña o Premio Internacional Alfons Comín. Na recollida do premio, dixo algo que deberiamos ter presente: "Prégolles que usen a liberdade, a súa liberdade, para loitaren pola nosa liberdade".

Dar a coñecer esta situación é un xeito de loitar pola súa liberdade. Impedir que o PP que apoia a ocupación teña capacidade de regresar ao Goberno do Estado é outro xeito de loitar tamén pola súa liberdade.

26 de nov. de 2007

Vaia dilema

Dilema: Se tiveres que comerte, por onde comezarías? Que parte comerías a primeira?

Así se formula a cuestión El Niño Gusano na canción "Mr Camping":









E así o homenaxea La Casa Azul:









(Como fago referencia indirecta a La Casa Azul, considero que non estou incumprindo o dito nunha postaxe anterior de non volver falar do "grupo" até pasado o concerto. He, he.)

24 de nov. de 2007

Geni e o Zepelim

Unha das miñas cancións favoritas, da autoría do grande Chico Buarque:










Poño aquí a letra; porén, se aínda non a ouvistes nunca, recoméndovos que lle deades ao play e ouzades a canción cos ollos fechados.

Geni e o Zepelim

De tudo que é nego torto,
do mangue e do cais do porto,
ela já foi namorada.
O seu corpo é dos errantes
dos cegos, dos retirantes.
É de quem não tem mais nada.
Dá-se assim desde menina,
na garagem, na cantina,
atrás do tanque, no mato.
É a rainha dos detentos,
das loucas, dos lazarentos,
dos moleques do internato
E também vai amiúde
c'os velhinhos sem saúde
e as viúvas sem porvir.
Ela é um poço de bondade
e é por isso que a cidade
vive sempre a repetir:
- Joga pedra na Geni!
- Joga pedra na Geni!
- Ela é feita pra apanhar!
- Ela é boa de cuspir!
- Ela dá pra qualquer um!
- Maldita Geni!

Um dia surgiu, brilhante,
entre as nuvens, flutuante,
mm enorme zepelim.
Pairou sobre os edifícios,
abriu dois mil orifícios
com dois mil canhões, assim.
A cidade apavorada
se quedou paralisada
pronta pra virar geléia.
Mas do zepelim gigante
desceu o seu comandante
dizendo - Mudei de idéia.
- Quando vi nesta cidade
Tanto horror e iniqüidade
resolvi tudo explodir.
Mas posso evitar o drama
se aquela formosa dama
esta noite me servir

- Essa dama era Geni!
- Mas não pode ser Geni!
- Ela é feita pra apanhar!
- Ela é boa de cuspir!
- Ela dá pra qualquer um!
- Maldita Geni!

Mas de fato, logo ela
tão coitada e tão singela
cativara o forasteiro.
O guerreiro tão vistoso
tão temido e poderoso
era dela, prisioneiro.
Acontece que a donzela
(e isso era segredo dela)
também tinha seus caprichos.
E a deitar com homem tão nobre,
tão cheirando a brilho e a cobre
preferia amar com os bichos.
Ao ouvir tal heresia
a cidade em romaria
foi beijar a sua mão
O prefeito de joelhos,
o bispo de olhos vermelhos
e o banqueiro com um milhão.
- Vai com ele, vai, Geni!
- Vai com ele, vai, Geni!
- Você pode nos salvar!
- Você vai nos redimir!
- Você dá pra qualquer um!
- Bendita Geni!

Foram tantos os pedidos,
tão sinceros, tão sentidos,
que ela dominou seu asco.
Nessa noite lancinante
entregou-se a tal amante
como quem dá-se ao carrasco.
Ele fez tanta sujeira,
lambuzou-se a noite inteira
até ficar saciado.
E nem bem amanhecia
partiu numa nuvem fria
com seu zepelim prateado.
Num suspiro aliviado,
ela se virou de lado
e tentou até sorrir.
Mas logo raiou o dia
e a cidade em cantoria
não deixou ela dormir.
- Joga pedra na Geni!
- Joga pedra na Geni!
- Ela é feita pra apanhar!
- Ela é boa de cuspir!
- Ela dá pra qualquer um!
- Maldita Geni!

21 de nov. de 2007

O delito de queimar fotocopias

Eu non estou de acordo coa táctica de andar queimando imaxes de ninguén. É puro testemuñalismo agresivo, crispante e sen resultados positivos de ningún tipo. Porén, tampouco estou de acordo con que queimar fotocopias de retratos, como é o caso, se poida considerar un delito.

Lin hoxe un artigo de Xosé Manuel Pereiro que inclúe esta interesante reflexión sobre o asunto:

A moita xente desgustaríalle que prendesen lume ás súas imaxes, e a outros tanto lles tería mentres a cousa non pase do papel, pero alguén que sae retratado desde as moedas ós selos e que preside todo canto despacho oficial ou semipúblico hai, entra dentro da categoría de símbolo, e polo tanto, para iso está, para ser respectado ou rexeitado, segundo cada quen. Pretender que unha imaxe teña os mesmos atributos que unha persoa é unha idea que desapareceu coa implantación da luz eléctrica. E ademais, unha norma de dificil aplicación: é atentatorio destruír un sobre cun selo?, queimar un papel no que estea escrito “Monarquía”, ou o nome do monarca é delito, ou é necesario que haxa imaxe? E se non se lle parece? Os argumentos que invocou o xuíz que pediu 15 meses para os queimantes - “siempre será posible verter las opiniones más hirientes sin afectar el aspecto del honor que coincide íntegramente con el núcleo intangible de la dignidad de la persona”- non aclaran demasiado a cuestión.

(Corrixín unicamente a colocación do pronome átono na primeira frase e un "delicto".)

20 de nov. de 2007

Un anuncio coreano e unha canción divertida

Sempre crin que o éxito de La Casa Azul en Xapón e Corea do Sul era algo así como a voz de Óscar nos concertos ao vivo do grupo. Mais parece que estaba errado. Ou cando menos un pouco errado. Neste anuncio coreano pódese ouvir de fundo a canción "Galletas" (esa que, noutro momento, no retrouso, di con voz alegre a máis non poder: "No sé si sabes que ya no te quiero, que ni siquiera te echo de menos"):



Como até o concerto do 15 de decembro en Barcelona (XA TEMOS AS ENTRADAS! VIVA!) agardo non dar máis a tabarra co efervescente son de La Casa Azul, déixovos, como descanso do tema, co son dunha das cancións do seu segundo disco:








15 de nov. de 2007

Chegou a revolución sexual!

Non quero ser repetitivo, mais se hoxe regreso ao tema do novo disco de La Casa Azul é porque por fin algunha alma caritativa pendurou cunha mínima calidade o novo vídeo en youtube, despois de que xa aparecese no myspace do, digamos, grupo.

A estética mudou un pouco: xa non é a explosión de cores pasteis dos tres primeiros vídeos (pertencentes ao segundo disco). Agora é retro e futurista con cores máis apagadas. Vaia, tal e como retrataban o futuro os filmes de ciencia-ficción dos anos 50, 60 ou, sobre todo, 70.

A canción, igual que o vídeo, danse facilmente a unha interpretación sobre a evolución do, digamos, grupo. Guille Milkiway, que no único vídeo de La Casa Azul en que aparecera con anterioridade fora en "Como un fan", só un segundo e co rosto oculto; Guille Milkiway, que nos concertos non deixaba ver nin os ollos coas súas gorras; pois Guille Milkiway, digo, agora aparece como protagonista. Primeiro, como alguén que dirixe todo desde a sala de máquinas co rostro tapado, mais que canta directamente; ao pouco, xa co rosto ao descoberto, danzando e engatando. De calquera xeito, os seus beizos só se moven cando ten o capacete posto.

Todas as persoas que aparecen no vídeo, a excepción do propio Milkiway, preséntanse como realidades virtuais, incluída a figura da "amada". Os cinco compoñentes de La Casa Azul fican reducidos á condición de androides que conectan esta realidade imaxinada e a realidade do Milkiway. Eles teñen que funcionar para que todo exista, para que na sala de máquinas non salten as alarmas.

O momento culminante do vídeo está no minuto 3, segundo 55, cando digamos David, digamos Sergio, digamos Óscar, digamos Clara e digamos Virginia chocan. Da súa fusión xorde o demiúrgo: Guille Milkiway. Ese que preferiu maquiar a súa identidade, mais que hoxe nos ofrece un dos seus golpes máis fantásticos: a Revolución Sexual.



Xa sei que haberá quen diga que non debería "darlle tanto á cabeciña" para falar dun simple vídeo musical. Teño que responder que para algo fago un blogue!

14 de nov. de 2007

Sálvame!

Mañá teño unha pequena intervención cirúrxica. O que se di cirurxía ambulatoria; isto é, nada. Mais como son un morrenacorre en todo o relativo á saúde, vou exaxerar e pórvos este vídeo de Bibi Anderse e as Nancys Rubias, aínda que talvez vos debería pór o orixinal, que para min ten unha posta en escena máis engrazada: