21 de nov. de 2007

O delito de queimar fotocopias

Eu non estou de acordo coa táctica de andar queimando imaxes de ninguén. É puro testemuñalismo agresivo, crispante e sen resultados positivos de ningún tipo. Porén, tampouco estou de acordo con que queimar fotocopias de retratos, como é o caso, se poida considerar un delito.

Lin hoxe un artigo de Xosé Manuel Pereiro que inclúe esta interesante reflexión sobre o asunto:

A moita xente desgustaríalle que prendesen lume ás súas imaxes, e a outros tanto lles tería mentres a cousa non pase do papel, pero alguén que sae retratado desde as moedas ós selos e que preside todo canto despacho oficial ou semipúblico hai, entra dentro da categoría de símbolo, e polo tanto, para iso está, para ser respectado ou rexeitado, segundo cada quen. Pretender que unha imaxe teña os mesmos atributos que unha persoa é unha idea que desapareceu coa implantación da luz eléctrica. E ademais, unha norma de dificil aplicación: é atentatorio destruír un sobre cun selo?, queimar un papel no que estea escrito “Monarquía”, ou o nome do monarca é delito, ou é necesario que haxa imaxe? E se non se lle parece? Os argumentos que invocou o xuíz que pediu 15 meses para os queimantes - “siempre será posible verter las opiniones más hirientes sin afectar el aspecto del honor que coincide íntegramente con el núcleo intangible de la dignidad de la persona”- non aclaran demasiado a cuestión.

(Corrixín unicamente a colocación do pronome átono na primeira frase e un "delicto".)

Nenhum comentário:

Postar um comentário