29 de nov. de 2007

O referendo en Venezuela


Este domingo é o referendo constitucional en Venezuela. Nos últimos meses escoitamos moitísimas parvadas sobre as propostas de reforma para esa votación. Por exemplo, esa de que Chávez se quería perpetuar no poder, algo que rebatía moi ben Pascual Serrano no comezo dun seu artigo que aquí traduzo:

Están os medios de comunicación e columnistas dun país europeo, que ten como xefe de Estado vitalicio e con carácter hereditario a un cidadán que ninguén elixiu, indignados e preocupados porque nun país de América os habitantes van votar en referendo se queren poden reelixir unha persoa como presidente as veces que consideraren. Algo en vigor nese país europeo e en todos os do seu entorno. Estou a falar dos medios españois e da reforma constitucional venezuelana.

Unha análise ponderada sobre a situación política de Venezuela debe recoñecer algúns importantísimos éxitos do goberno presidido por Chávez, como por exemplo:

- Redución da pobreza xeral, que era do 50% en 1998, diminuída ao 33,9% en 2006.

- Redución da pobreza extrema nun 50%: 21% en 1998, 10,6% en 2006.

- A UNESCO declarou Venezuela como "Territorio Libre de Analfabetismo". É o segundo país de América Latina con este recoñecemento, despois de Cuba.

Póñovos aquí a canción do Frente Revolucionario de Cantores Lloviznando Cantos, en favor do "si" á reforma constitucional, para que a dancedes ;) [Obrigado ao Raúl por darma a coñecer.]








Nenhum comentário:

Postar um comentário