Mostrando postagens com marcador Nacho Carballal. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Nacho Carballal. Mostrar todas as postagens

19 de abr. de 2012

Hoxe en Pontevedra tamén falaremos sobre a folga


Hoxe ás 20.30 h podemos vernos no Pazo de Mugartegui (o da foto) para presentar en Pontevedra o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, xunto co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, Nacho Carballal pola Mesa da Zona e Manuel Bragado como editor.

Con certeza, tamén falaremos alí dos excelentes resultados do paro estudantil de hoxe. Agardemos que o presidente da Xunta escoite a mensaxe clara do alumnado contra o decretazo que afoga o noso idioma no ensino!

Por outra banda, se tedes twitter lembrade que hoxe hai o chamamento a usar a etiqueta #19Aestudantespologalego. Utilízaa para calquera comentario sobre a situación do idioma, para contribuír a que sexa trending topic.

Adiante!

13 de out. de 2010

De Soutomaior a Palma


Hoxe pola mañá, estes dous que aí estamos presentamos o Circo pola Lingua que organiza Queremos Galego de Soutomaior. O alto altísimo é o sempre dinámico Nacho Carballal.

Eu non poderei estar nas actividades deste sábado, porque desde mañá estarei coñecendo o movemento social en defensa da lingua catalá nas Illes, grazas a un convite da Obra Cultural Balear. Hoxe mesmo, ás 21.10, terei unha entrevista en directo no programa "La volta al dia en 80 mons", de Ona Mallorca, que, se quixerdes, podedes ouvir a través do seu web.

Mañá, 14 de outubro, ás 20 h, ministrarei unha conferencia so o título "Una llengua en un punt crucial". Será en Can Alcover - Espai de Cultura. Tedes máis información sobre o ciclo de conferencias en que participo neste pdf.

25 de jun. de 2010

Hoxe, Soutomaior e Marín

Hoxe toca a presentación en Soutomaior do libro En castellano no hay problema. Será ás 20.30 h no multiusos de Arcade, organizado polo grupo de traballo local de Queremos Galego e coa compaña de Nacho Carballal e Manuel Bragado. Seica a esa mesma hora hai un partido do Mundial que desperta algo de expectación, mais competiremos con forza contra o waka-waka.

Despois, pola noite teremos o acto de entrega de premios de Queremos Galego de Marín.

Mañá falarei aquí máis polo miúdo destes actos.

16 de jun. de 2010

Presentacións e ecos de En castellano no hay problema


Mañá e pasado Queremos Galego e A Mesa das zonas do Deza e de Valdeorras organizan as presentacións do libro En castellano no hay problema. No Barco será mañá, quinta feira (xoves) ás 20 h na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, coa compaña de Susana Méndez. En Lalín será esta sexta feira (venres) ás 20.30 na Casa Museo Ramón Aller, con Luís Couto e unha compañía musical moi especial. Desta última presentación fixéronse eco xa dúas radios e un xornal, como podedes comprobar nesta entrevista que publicou a edición do Dez de La Voz de Galicia.

Como ultimamente ando bastante a tope, a verdade é que souben de casualidade este sábado pasado que En castellano no hay problema está no terceiro posto de libros máis vendidos en galego que non sexan de ficción. Estou agradecido pola acollida, aínda que, é boa verdade, me prestaría moitísimo máis que este libro non fixese falta.

En todos os actos de presentación deste mes non só falaremos do libro o uda situación xeral da lingua, senón que se tentará que sexa un espazo para o intercambio de opinións e respostas á pregunta "Que facermos en concreto para responder agora o decretazo contra o galego?"

Aproveito tamén para ir indicando que o volume terá futuras presentacións o 25 de xuño en Soutomaior (con Nacho Carballal e Manuel Bragado, no Multiusos ás 20 h) e o 29 deste mesmo mes na Coruña (con Manuel Rivas, Iria Taibo e Manuel Bragado, na Casa Museo Casares Quiroga ás 20 h).