Mostrando postagens com marcador María Rosendo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador María Rosendo. Mostrar todas as postagens

23 de ago. de 2011

Nunca máis submisa do teu verso

As mulleres ollan para as mulleres

non teño case certezas
mais sinto na pel
e alén
nun lugar do meu corpo que non ten sitio
unha engra de aceiro incandescente
caer

recoñézome escrava da miña propia dor
mais non máis
nunca máis
submisa do teu verso
machista.

(María Rosendo, Nómade)

14 de abr. de 2011

Versos para tecer a memoria


Foi ben lindo o recital de onte na cafetaría Airas Nunes de Santiago, para recordarmos o 950 aniversario do matrimonio homosexual máis antigo que se documenta en Galiza, un 16 de abril de 1061.

Uníronse voces de escritores que comezan, como Carlos Lixó, coa doutros consagrados como Lois Diéguez ou Luís González Tosar, xunto a outras e outros de diferentes xeracións como Alicia Fernández, Antía Otero, Asunción Arias, Gonzalo Hermo, Gonzalo Vázquez, Fran Cortegoso, Rosa Enríquez e María Rosendo.

Grazas e parabéns!

[A fotografía é de Miguel Magdalena, da versión dixital de El Mundo]

9 de abr. de 2011

Recital este día 13

Tomade nota:

Esta cuarta feira (mércores) día 13, ás 19 h, na cafetaría Airas Nunes, desenvolverase un interesantísimo recital poético, organizado pola A. C. O Galo (pertencente a Galiza Cultura), coa colaboración de BOGA e o CGC.

O motivo deste acto será que non pase desapercibido o aniversario do matrimonio homosexual máis antigo que se documenta en Galiza, entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz. A súa unión foi en abril do século XI, porén prometían compartir o fogar e coidarse o un ao outro "in totos dies et noctes, in omne tempus vel tempora".

Participarán no acto do día 13:

Alicia Fernández

Andrea Nunes Brións

Antía Otero

Antón Fortes

Asunción Arias

Carlos Lixó

Fran Cortegoso

Gonzalo Hermo

Lois Diéguez

Luís González Tosar

María Rosendo

Marica Campo

Rosa Enríquez

Eu tamén lerei algúns versos.

Vémonos alí!