Mostrando postagens com marcador Gentalha do Pichel. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Gentalha do Pichel. Mostrar todas as postagens
15 de jun. de 2014
Ligazóns ao desvío para un quince de xuño
O portavoz da Generalitat de Catalunya, Francesc Homs, di que o rei de España abdicou "para manter o negocio familiar".
Sermos chega ao número 100, a fronteira que cruzaron O Tío Marcos da Portela, A Nosa Terra e Nós. Non somos só un país de voluntariosos e fanados "números cero"!
A Xunta Electoral Central, recoñece, xa moi tarde e sen remedio, que o BNG foi censurado de forma inxusta durante a campaña electoral. Van dicir algo o resto dos partidos sobre o tema?
O escritor na súa terra: Xabier Docampo.
O Goberno español indulta un garda civil que permitiu e gravou unha agresión sexual (consistente en insultos e tocamentos non consentidos a unha muller que ía no mesmo tren ca el e un amigo del, que foi o agresor) e a un condenado por tráfico de drogas en Cuba. Un xa non sabe até que punto pode chegar a indignación e o noxo. Onde está a igualdade de dereitos?
A cantora angolana Aline Frazão defende mudar o termo Lusofonia polo de Galeguia:
"Há uns anos atrás, num evento literário na Galiza, o nosso Pepetela sugeriu que se trocasse a palavra Lusofonia por Galeguia. Galeguia, além de ter um som mais bonito, remete para a origem galaica da língua portuguesa e subtrai-lhe, elegantemente, o peso do passado colonial luso. Há muitos angolanos que não se consideram lusófonos mas talvez pudessem estar dispostos a pertencer à Galeguia, com a Galiza como entidade neutra e unificadora através da língua comum. Parece que o Pepetela estaria de acordo. Eu também. (...)
Imagine-se só? Vai ser que, afinal, não falamos a língua do colono: falamos galego de Angola, com o sabor bantu do Atlântico-Sul."
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
22 de dez. de 2012
Pequeno documentario sobre o Apalpador
Para coñecermos mellor estas lindas tradicións que estamos a avivar nos últimos anos:
Tede de man este vídeo para a próxima vez que escoitedes aquilo de que "andamos a inventar cousas que nunca existiron".
Tede de man este vídeo para a próxima vez que escoitedes aquilo de que "andamos a inventar cousas que nunca existiron".
10 de jul. de 2012
Recuperemos as formas tradicionais dos días da semana
Recomendo ver este pequeno vídeo elaborado pola Gentalha do Pichel. É moi ilustrativo da existencia, até hai nada maioritaria, das formas tradicionais para denominar os días da semana, que se foron mudando polas castelás.
Esta perda, abofé, é máis recente do que podemos pensar, sobre todo nalgúns casos. Por exemplo, o mércores que agora nos pode parecer “galego de sempre” só estaba rexistrado en 3 puntos dos mapas dialectais, mentres cuarta / corta (feira) figuraba nun total de 57, nas catro provincias galegas. A diferenza é notábel, verdade?
Esta perda, abofé, é máis recente do que podemos pensar, sobre todo nalgúns casos. Por exemplo, o mércores que agora nos pode parecer “galego de sempre” só estaba rexistrado en 3 puntos dos mapas dialectais, mentres cuarta / corta (feira) figuraba nun total de 57, nas catro provincias galegas. A diferenza é notábel, verdade?
Por fortuna, aínda que menos utilizadas pola súa forte diferenza co español, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira e sexta feira tamén están recollidas como plenamente oficiais nas normas do galego, xunto ás recreadas luns, martes, mércores, xoves e venres. Por tanto, non dubidemos da plena corrección do seu uso e animémonos a ilas revitalizando.
É bo lembrarmos tamén que a aparición popular destas denominacións (fronte ás pagás cos nomes dos deuses-astros) se debe ao líder relixioso Martiño de Dumio, do reino Suevo de Galiza do século VI. Ademais de que nolo amosen os testemuños deste vídeo procedentes de diferentes puntos da nación, tamén en termos históricos estamos a falar de formas galegas desde o inicio.
Nas nosas gramáticas
decimonónicas ou na poesía máis popularizante de Rosalía de Castro tamén se
recollen as feiras. Véxanse, se non, por exemplo estes versos dos Cantares gallegos:
Dime si gárda-lo pano
que che din por San Benito
qu’ ó merquei na quinta feira
por doce cartos e pico.
É recomendábel, pois, recuperarmos as formas xenuínas e históricas de
denominarmos os días da semana en galego, que hoxe se manteñen de xeito residual na fala
popular de Galiza e que viven con forza no ámbito luso-brasileiro.
Assinar:
Postagens (Atom)