6 de mar de 2017

Voltar

A palabra do día que a Real Academia Galega nos di que debemos fumigar é voltar. É un dos grandes problemas do galego: que usamos palabras que se diferencian do español. Por fortuna, a Real Academia Galega está aí para evitalo.

Dinnos que debemos apartar esa forma porque é un "lusismo" e que nunca fixo parte do "noso sistema". Sorprende que se poidan declarar esas cousas como se fosen verdade. Cunha moi sinxela procura en internet, encontrámonos por exemplo con que é un verbo que rexistra frei Martín Sarmiento no século XVIII na súa Colección de voces y frases de la lengua gallega e que utiliza tamén no Coloquio:
Alí as meniñas, as mozas, os nenos,
as vellas, os mozos, os homes, os vellos,
que veñan, que VOLTEN, á vila, ao eido...
 Figura despois en escritos e coplas populares do século XIX e, de aí, chega até a literatura culta que se vai conformando. Dito doutro xeito: asoma a cabeza cando o galego logra pasar á escrita.

Xa sabiamos que a Real Academia Galega non está, tristemente, á altura do noso tempo, mais cando menos debe reclamárselle un mínimo de rigor.