18 de jun de 2012

Na semana do Orgullo, sobre as raíces do prexuízo



O día 28 de xuño festéxase a xornada do Orgullo GLBT (gai, lésbico, bisexual e transexual), en recordo da crucial revolta de Stonewall de 1969.

Como pequeno contributo para tal celebración, durante a semana vindeira vou realizar tres presentacións do libro Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. Axiña darei todos os datos da de Lugo, mais de momento podedes ir anotando, por se vos interesar:

25 de xuño (segunda feira; luns).
20.30 h.
A Coruña: Café-bar O Alfaiate (praza de España).
Presentarán: Francisco Barcia, Laura Tato, Pilar Zapico.
O evento no facebook, aquí


26 de xuño (terza feira; martes).
(Hora por concretar.)
Lugo: Libraría Sargadelos (praza de San Domingos, 4).
O evento no facebook, aquí


28 de xuño (quinta feira; xoves).
20.30h.

Vigo: Libraría Cartabón (Urzaiz, 125).
Presenta: Xosé Manuel Buxán Bran.
O evento no facebook, aquí.

3 comentários:

  1. Mellor que Praza da p... España, :P , chamaa Campo da Leña. É o seu nome histórico, e se non erro, creo que o anterior goberno local púxolle á praza un sinal con ese nome. Espero que o amago de taco non aborte este comentario.

    Saúdos.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Tes razón, mais o meu erro aínda foi maior, xa que está na rúa de San Xoán e non no Campo da Leña!

      Excluir
  2. A presentación en Lugo finalmente posponse. Axiña se avisará da nova data ;)

    ResponderExcluir