16 de nov de 2011

A Consellaría de Educación non cubre todas as baixas de profesorado


No mes en que coincide a Semana Santa ou ou Nadal a Consellaría de Educación non cubre ningunha baixa de profesorado. A pesar dos discursos dos dirixentes do PP vendéndonos a súa marabillosa xestión, a realidade é que as alumnas e os alumnos deixan de recibir a correspondente formación.

Por se isto for pouco, a CIG Ensino denuncia que a Xunta tampouco cubre as baixas de profesorado"para as que resten 15 días no momento de realizar o chamamento, independentemente de que a súa duración total sexa de 15 días ou máis". Se a baixa for de 15 días non a cubren en ningún caso. O modelo Feijóo avoga por un ensino de calidade, abofé!

O sindicato nacionalista deixou máis evidencia o Goberno galego ao facer un seguimento das baixas que a Consellaría "borrou" da súa páxina web nesta semana: un total de 14. A estas, hai que sumar un mínimo de 16 licenzas por campaña electoral que a Consellaría tampouco cubriu. Isto é: os centros solicitaban as substitucións (30 só para esta semana), a Xunta borraba a solicitude para que non se vise publicamente e en ningún momento enviou ninguén para dar aulas.

Tedes máis información sobre isto neste pdf, que recomendo divulgar.

Um comentário:

  1. Totalmente certo, estes datos son reais 100%, e a Conselleria ainda por riba de facer estas falcatruadas ten a cara de negalo publicamente e de desprestixiar tanto ao corpo docente como todo aquel medio que trata de sacar a realidade á luz. Ata cando seguiremos asi?

    ResponderExcluir