5 de ago. de 2011

Turgalicia exclúe o galego

Hai uns días, algunhas persoas dirixímonos a Turgalicia para solicitar, coa máxima amabilidade, que deixasen de excluír o galego na información que penduran no twitter. Ao cabo dunhas horas respondéronnos: que terían en conta a nosa petición. Porén, a exclusión continuou nas mesmas.

Turgalicia é un organismo dependente da Xunta. Polas súas funcións, é lóxico que faga uso habitual de varios idiomas, mais non o é que exclúa o noso. Tamén é irracional que utilicen o español como se fose a lingua franca do universo.

Ademais do relevo simbólico do uso do noso idioma, hai que lembrar a importante forza do turismo interior (as galegas e galegos tamén visitamos Galiza) e o peso turístico de xente proveniente de Portugal e o Brasil.

Se ti tamén queres que Turgalicia deixe de excluír o galego no twitter, anímoche a que lles envíes unha mensaxe de queixa. Para que teña máis incidencia, envíalle tamén a túa protesta ao Valedor do Pobo: rexistro@valedordopobo.com

Defendamos os nosos dereitos lingüísticos!

4 comentários:

  1. Queixa enviada ao Valedor do PPobo.

    ResponderExcluir
  2. A min veñen de entregar un folleto do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro exclusivamente en castelán e no que se fai referencia a unha tal "Villagarcía de Arosa". Ademais de denuncialo á Liña do Galego, envieille un correo electrónico ao Parque. A resposta, case que inmediata, foi que o folleto estaba destinado a público foráneo ou estranxeiro e por iso estaba en castelán e que lamentaban que me chegase un "flyier" non destinado a min.
    Polo que se ve, os galegos non viaxamos polo país nin temos dereito a coñecer o noso patrimonio cultural ou histórico.

    ResponderExcluir
  3. Anónimo 1: Xenial!

    Anónimo 2: Xenial! E sobra dicir que concordo totalmente. Estranxeiros na propia patria, "again and again"

    ResponderExcluir
  4. Curiosa esta política de recortes...propoño k publiquen so en chines, por ser a lingua mais falada do mundo. Total os galegos, portugueses, brasileños, etc non lle importamos.

    ResponderExcluir