21/02/2010

21 días... vivindo en galego

Tirado do blog Naitologic:


Ola, Son Samanta Villar e son periodista.

Milleiros de persoas viven cada día falando soamente unha lingua, o galego. Saen a rúa, fan a compra... Porén, algo que parece un feito tan normal como é falar unha lingua, tórnase nun verdadeiro suplicio. Por que a xente é sometida a tal calvario?

Pasarei 21 días falando galego, e vivirei situacións como que alguén se negue a facerme unha entrevista de traballo por falar en galego, ou a imposibilidade de ver unha película no cine en galego...

Toda unha mostra de estoicismo lingüístico que vivirei en primeira persoa.

Isto é 21 días falando galego.

2 comentarios:

Filloa_Assassina disse...

Vaia
así de primeiras diría q é unha chorrada
q o proxecto desta mullerinha non vai presentar nada q non saibamos xa...
mais non deixa de sorprenderme
se cadra se converte en toda unha odisea (?)
tenho moita curiosidade por ver que sae
...
Pergunta: que vai facer a rapariga en cuestión coa experiencia? vai escribir un diario? un artigo? se cadra facer unha vídeo-reportaxe?

Marinha disse...

pois a min, si que me chama a atención, e penso que xa que está...se debería quedar falando galego para sempre!!

A ver canto aguanta!! ahahah Polo menos que se dea de conta do que viven os galegofalantes nas súas carnes!!

Postar um comentário