12 de jan. de 2010

Os Bolechas chaman á folga

Os Bolechas chámannos a todas e a todos a participarmos no paro xeral no ensino. Podemos secundalo se somos parte directa da comunidade educativa e, aínda que non sexa o caso, tamén podemos difundilo (en persoa, sms, mensaxes e eventos nas redes sociais...) e, na medida das posibilidades, participar na manifestación nacional que se realizará o 21 de xaneiro, así como nalgún dos actos comarcais que tamén se desenvolverán, tanto na mesma xornada como nos días previos.

Un dos eventos creados no tuenti sobre esta cuestión conta xa co respaldo de 8.839 persoas e de 9.572 a maiores que anuncian que "quizais" asistan. Así mesmo, temos xa ao noso dispor os bánners sobre a manifestación tanto no web de Queremos Galego como no da Mesa pola Normalización Lingüística. Desde estoutra ligazón podedes tamén descargarvos o folleto en PDF de convocatoria do paro e da manifestación.

Forza e adiante! Este decreto ímolo tombar!

Um comentário:

  1. Non nos chaman a todos tal, os da privada quedamos na aula. Quedamos sen representación nas negociacións da folga. Ás patronais súdalla o decreto (algunha aínda o está festexando) e aos sindicatos enchéusella a boca convocando ás comunidades educativas, pero ninguén xestionou os trámites administrativos dos permisos de folga do sector privado nin se negociaron servizos mínimos.

    ResponderExcluir