24 de dez. de 2007

Coidado co turrón

Esta noite é Noiteboa... Así que coidado co turrón e cos ansiolíticos e antidepresivos, todos eles produtos moi consumidos nestas sinaladas datas. Ben, realmente os ansiolíticos e antidepresivos xa son os reis de todas as festas: son o tipo de medicamento máis receitado en Galiza, até o punto de que unha de cada cinco persoas que sae da consulta do médico leva unha receita para esas menciñas. Dá para pensar, non si?










Seguindo co tema da Noiteboa, pasáronme o testemuño calafriante dunha elfa, non sei se de orixe arxentina ou uruguaia. Debedes prestar atención todos aqueles e todas aquelas que lle estades facendo gañar terreo ao Pai Nadal ou Papá Noel. Sabede que esta noite para ela é unha das peores do ano:



Termino xa con algo de alegría. Collendo o testemuño desas míticas actuacións no Nadal da TVG de Juan Pardo ou Bonney M, na gala de hoxe darase un dos momentos máis agardados por centos de blogueiros de Galiza: a actuación de Projecto Mourente, pola que suspiramos todos os seus fans. Esta noite, coa chegada dos turróns, direi esa mítica frase de "Pon na Galega" e exclamarei todo fachendoso a miña tía, a miña nai, ao meu cuñado e aos meus irmáns: "A ese rapaz coñézoo eu".

O dito... Boas festas!

Um comentário: