Mostrando postagens com marcador Susana García. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Susana García. Mostrar todas as postagens

30 de set. de 2010

Presentacións de En castellano no hay problema en Marín e Ourense

Mañá, un de outubro, é a presentación do libriño En castellano no hay problema en Marín, organizado polas dinámicas compañeiras e compañeiros de Queremos Galego da zona. Acompañaranme no evento Tino Iglesias, pola plataforma, e Xosé Manuel Moo, por Edicións Xerais. Será ás 20.30 h no Museo Manuel Torres de Marín.

Con este acto recomeza a xira de presentacións deste volume, que estivo aparcada nas últimas semanas. É necesario falarmos da situación da lingua galega e, sobre todo, actuarmos. Se este libro pode ser unha boa escusa para o facermos, pois adiante!

Deixo aquí tamén unhas fotografías do que foi o evento de presentación en Ourense o pasado 27 de maio. A Livraria Torga acolleunos para a ocasión nun acto moi cálido. Na mesa estiveron tamén Susana García (coordinadora da Mesa en Ourense), Isabel Pérez (concelleira de Cultura en Ourense e actual candidata á alcaldía polo BNG), Iván Area (na altura, vicerreitor en funcións da Universidade de Vigo) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais), que expuxeron sólidos argumentos para continuarmos nesta loita cívica na defensa do noso idioma propio.

As fotografías que reproduzo a continuación son da autoría de Jorge MdelaCalle:







27 de mai. de 2010

Presentación hoxe en Ourense

Hoxe, quinta feira (xoves) 27 de maio, preséntase en Ourense o meu último libro, En castellano no hay problema.

No acto participarán Susana García (coordinadora da Mesa en Ourense), Isabel Pérez (concelleira de Cultura na cidade), Iván Area (profesora na Universidade de Vigo) e Manuel Bragado 8director de Edicións Xerais).

Vémonos ás 20 h na Livraria Torga, na rúa da Paz, 16!

3 de dez. de 2009

Mesa redonda hoxe en Ourense

A compañeira Susana García, responsábel da Mesa en Ourense, e mais eu participaremos hoxe ás 16 h nunha das sesións das xornadas que organizan os Comités, so o nome O galego no século XXI. A cita é na aula magna da Facultade de Ciencias.