Mostrando postagens com marcador Sáhara Occidental. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Sáhara Occidental. Mostrar todas as postagens

9 de nov. de 2010

Actos este serán en Compostela

Hoxe ás 20.30 h manteremos un intercambio de visións sobre a situación da música en galego e, en xeral, sobre o momento actual do noso idioma tendo como punto de partida o libro En castellano no hay problema. Será no local da veterá asociación cultural O Galo, en fronte da entrada da igrexa de San Martiño Pinario e con dúas figuras de excepción do noso panorama musical, dos que son declarado fan: Uxía e Carlos Valcárcel.

O evento ía ser inicialmente ás 20 h, mais pospómolo media hora para así podermos acudir á concentración en solidariedade co pobo saharaui que se vai desenvolver a esa hora na praza de Cervantes. Para quen non esteades en Compostela, lembrade que hai mobilizacións convocadas en todas as cidades do país.

En castellano no hay problema tamén foi unha escusa para o debate en Compostela o pasado mes de xullo no Festigal. Déixovos dúas fotografías desa data, tomadas da galería do xornal electrónico Terra e Tempo:


16 de dez. de 2009

Novas concentracións en apoio a Aminatou Haidar

Mañá e pasado, nas cidades galegas realizaranse novas concentracións en solidariedade con Aminetou Haidar e pola autodeterminación do Sahara. Acudamos a esta convocatoria tan xusta realizada polo Bloque Nacionalista Galego.

Santiago. Quinta feira (xoves), ás 19:30 horas, na praza do Toural.

Lugo. Quinta feira (xoves) 17, as 20:00 horas, na Praza Maior, diante do Concello.

Pontevedra. Sexta feira (venres) 18, ás 20:30 horas, na praza da Peregrina.

Vigo. Sexta feira (venres) , ás 20:00 horas, na Rúa Príncipe, diante do MARCO.

A Coruña. Sexta feira (venres) , ás 19:30 horas, no Obelisco.

Ferrol. Sexta feira (venres) , ás 19:30 horas, na Praza de Armas de Ferrol.

Ourense. Sexta feira (venres) , ás 20:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno.

A Estrada. Sexta feira (venres) , ás 20:30 horas, diante do Concello.

12 de dez. de 2009

Queremos a Aminatou nun Sáhara Libre


Mañá, domingo 13, ademais do acto organizado polas compañeiras e os compañeiros da comarca da Mariña en defensa do galego, ás 12 do mediodía na praza do Toural de Santiago realizarase outra mobilización ben importante.

Trátase dunha concentración convocada polo Bloque Nacionalista Galego para reclamar que se permita o retorno de Aminatou Haidar á súa patria.

Se andardes por Compostela, vémonos alí.

29 de jan. de 2009

Tres artigos diferentes

Na liña das recomendacións habituais nos blogs, hoxe coloco aquí tres artigos diferentes na súa temática concreta, mais unidos por un pouso común.

O primeiro, de Henrique del Bosque, versa sobre algunhas das ideas demagóxicas promovidas polos grupos creados para atacar a lingua galega. Veredes que é un texto moi bo e moi clariño. Convídovos a que non deixedes de lelo e difundilo.

O segundo artigo que vos propoño é de Francisco Rodríguez, publicado no Xornal de Galicia do domingo pasado e no cal matiza os discursos haxiográficos sobre Barack Hussein Obama. Ben interesante.

Por último, non podo deixar de sinalar este artigo de Eduardo Galeano que coñecín grazas ao sempre referencial blog Trafegando Ronseis.

Se lerdes algúns destes textos, xa me contaredes.