Mostrando postagens com marcador Fernando Igrexas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Fernando Igrexas. Mostrar todas as postagens

19 de jan. de 2013

De Cedeira a Paiosaco

O 3 de xaneiro tivemos unha "asemblea de formiguiñas" en Cedeira para conversarmos sobre propostas e estratexias para defendermos máis e mellor o noso idioma. Esa reunión tivo como un dos puntos de debate e traballo o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Tamén falou sobre a situación actual do noso idioma e os retos do activismo o Fernando Igrexas (responsábel da Mesa en Cedeira) e o Gabriel Beceiro reflexionou sobre a situación do galego tomando como contrapunto a situación do catalán no Principat, en concreto no ámbito do ensino. O día deu para un produtivo diálogo con toda a xente que asistiu e se decidiu a dar a súa opinión.

Velaquí van algunhas fotografías da xornada, que podedes consultar na páxina da asociación Olláparo:





Hoxe continúo este proceso de realización de "asembleas de formiguiñas" por toda Galiza. Nesta ocasión o punto para o debate será o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez e o lugar de encontro será a asociación de veciñas e veciños Campo da Feira, en Paiosaco. Todas e todos os asistentes levaremos tamén na cabeza que temos que mobilizar moita xente para a manifestación nacional para o 27 convocada por Queremos Galego, a plataforma unitaria impulsada e coordinada pola Mesa.

Igual que noutros actos anteriores, todas as persoas que veñan cun exemplar de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez ou o adquiran no propio acto terán un agasallo.

A segunda feira tocará presentación en Marín.

Continuamos!

2 de jan. de 2013

Presentación en Cedeira de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos


A presentación en Cedeira do manual práctico sobre como superar as dificultades que se nos presentan para podermos vivir en galego ía realizarse o pasado verán, mais houbo que desconvocala e foise pospondo semana tras semana por unhas ou outras cousa. Pois vai ser mañá, 3 de xaneiro ;)

So o nome "A lingua que nos une", A Mesa de Cedeira organiza unha actividade que consistirá, nunha primeira parte, nunha presentación panorámica dos consellos contidos neste libro. A segunda parte será unha mesa redonda sobre a situación do idioma no ensino en que participarán tamén os compañeiros Gabriel Beceiro (que falará sobre a inmersión lingüística en Cataluña vista desde o noso país) e Fernando Igrexas, responsábel da Mesa na localidade.

Todas as persoas que veñan cun exemplar de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos ou que o adquiran no propio acto terán un agasallo.

Continuamos!

6 de jul. de 2012

O 19, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos en Cedeira


A "caravana" de presentacións do manual Como defenderes os teus dereitos lingüísticos tamén fará algunha parada no verán. A vindeira será o 19 deste mes na Sala Áncora de Cedeira, co compañeiro Fernando Igrexas.

Por se puideres axudar a difundilo, tes nesta ligazón o evento que se creou no facebook.

Continuamos!