As tres fotografías seguintes pertencen á
manifestación do 17 de maio de 2009, convocada pola Mesa pola
Normalización Lingüística. Nela produciuse un salto histórico na participación en
mobilizacións en defensa do noso idioma.
Esa chamada tivo continuidade noutras convocatorias de resposta multitudinaria, que supuxeron importantísimos éxitos para a nosa cultura, non só no plano do simbólico, que tamén. Porque sabemos que sen reivindicación, sen activación cidadá, nada se podería conquistar e todo se podería perder. A historia da nosa lingua demóstranolo moi ben.
Unha mudanza importante que imos ver entre
estas fotografías de 2009 (nomeadamente, a segunda) e este día de 2013 seguramente non sexan os paraugas, senón que na
praza da Quintana non poderemos ter palco para a realización do acto
final. Este terá que desenvolverse nas escadas debido aos impedimentos que
nos pon o goberno municipal do PP, que quere evitar actos en defensa do galego na capital do país. É ben triste a
súa intolerancia, mais terán que aturar a nosa presenza e os nosos
cantos!
Por dignidade, porque cremos no noso, porque sabemos que o galego une! Temos unha cita ás 12 na Alameda de Santiago de Compostela!
Mostrando postagens com marcador 17maio2009. Mostrar todas as postagens

27 de jan. de 2013
16 de mai. de 2009
Preparad@s para mañá?
Esta é unha das imaxes da multitudinaria manifestación do ano pasado en defensa do galego. Este ano, coa nova e preocupante situación, temos que ser aínda moitas e moitos máis.Collede un parauguiñas, porque parece que vai chover un pouco, e collede tamén todos os folgos para cantar e animar, porque imos conseguir que non se dea nin un paso atrás para a nosa lingua.
Até mañá!
15 de mai. de 2009
"Somos nais e pais..."
Nos últimos días, nais e pais das comarcas de Compostela, A Coruña e Vigo leron un lindo texto perante os medios de comunicación en defensa do gaelgo e animando á participación na manifestación do domingo.
Teñen intención de continuar a estender actos semellantes por máis comarcas do país, para o cal están a contactar con máis nais e pais de toda Galiza. Déixovos aquí tres fotos e o manifesto, que lamentabelmente non tiveron o eco merecido nos medios de comunicación:

Somos nais e pais. Por iso queremos o mellor para as nosas fillas e fillos. Queremos que sexan felices e queremos que medren en liberdade e para iso é esencial un ensino de calidade que os forme como persoas e como cidadáns. A liberdade que dá o coñecemento desaparece cando se ignora unha parte esencial da cultura na que as nenas e nenos viven. Para escoller entre dous sons, hai que escoitar ambos. Non queremos unha escola xorda e muda ao galego.
Somos persoas responsábeis e estamos formando a sociedade do futuro. Por iso queremos que as nosas fillas e fillos, falen a lingua que falen, poidan entender e dirixirse na súa lingua á xente que fala en galego cando dentro duns anos traballen nun hospital ou nun centro educativo, cando sexan xuíces ou cando atendan nun comercio.
Somos cidadás e cidadáns. Por iso nos preocupa a violencia coa que certos grupos de poder falan da nosa cultura e da nosa lingua. A sociedade galega é pacífica, é aberta, é extensa máis alá das súas fronteiras. Non nos pechemos en dous tons, a vida é de cores. Non queremos ser nós e eles, queremos formar parte dunha sociedade unida á que dea unha nova tonalidade cada persoa nova que chegue.
Somos galegas e galegos. Algúns nacemos aquí, outros na outra beira do mar. Moitos falamos cos nosos fillos e fillas en galego. E outros en castelán. E en francés ou en inglés. Mais todas estamos orgullosas e orgullosos da lingua de Galiza e a todos nos gusta encher a boca de galego, saborealo. E queremos que os nosos nenos o poidan facer cando xogan, cando ven unha película ou cando escoitan música no seu mp3, para que tamén se poidan sentir orgullosos do galego. Non queremos que os nosos nenos abandonen a lingua que día a día lles entregamos.
Somos nais e pais. Temos que defender o galego como defendemos o mar, como defendemos os montes, como defendemos o ar que respiramos. É parte do noso patrimonio e parte do patrimonio que lles legaremos aos nosos fillos. Polos nosos fillos e fillas, manifestarémonos en Santiago de Compostela o vindeiro 17 de maio.

[Nas fotografías, de arriba a abaixo, o acto de Santiago, o da Coruña e o de Vigo.]
9 de mar. de 2009
Contra o plan de extinción do galego
Cen entidades de diverso tipo reunímonos hai unhas horas en Santiago para intercambiar perspectivas e ideas de cara á manifestación nacional do 17 de maio.Por se non sobrasen os motivos para nos mobilizarmos, hoxe o PP insistiu noutra liña de desmantelamento da cooficialidade do galego que formula xunto á idea de botar por terra o timidamente avanzado no ensino. O seu cabeza de lista pola provincia da Coruña propón que se tumbe a Lei de normalización lingüística, aprobada baixo un goberno do seu partido e por unanimidade no Parlamento, en cuxo artigo 10 di que os nomes de lugar galegos teñen como forma oficial a galega.
Cómpre que nos organicemos e impidamos estes retrocesos históricos. Todas aquelas e todos aqueles que poidades botar unha man nalgunha medida de cara ao 17 de maio, escribide a amesa@amesanl.org. Forza e adiante!
Assinar:
Postagens (Atom)